Skip to Content

Educación Física

O Tetratenis/Tetrapala

En relación á actividade presentada a semana anterior do Iogurcesto, presentamos esta semana o Tetratenis ou Tetrapala

É unha actividade na que tamén teredes que elaborar o voso material (incluso personalizalo ao voso gusto) para poder xogar con el. 

A actividade que se propón (a maiores de montar a pala de tenis) é semellante á da semana pasada. Podedes dar toques a unha pelotiña de papel (ou se tedes na casa algunha doutro material brando tamén) sen perder o control. Primeiro intentádelo coa man que usades para escribir e logo coa outra. Se conseguides que alguén xogue convosco, podedes preparar dúas palas e xogar a pases.

Deixo un enlace co vídeo no que se explica paso a paso como se constrúe a pala.

 

Materiais:

  • Brick de leite ou semellante
  • Tesoiras
  • Papel para reciclar 
  • Cinta adhesiva

Para decorar (opcional):

  • Cinta decorativa
  • Adhesivos
  • Rotuladores

 

 

Iogurcesto: proposta con material reciclado.

   No seguinte vídeo podedes ver como se constrúe o material para xogar ao Iogurcesto. Só precisades:

  • Envase baleiro de iogur.
  • Fío de la ou outro material similar.
  • Papel de aluminio ou xornal.
  • Cinta adhesiva ou pegamento (opcional, para pegar o fío ao papel de aluminio).
  • Tesoiras

   Unha vez que o teñades preparado podedes xogar. Tedes que intentar meter a pelotiña dentro do envase do iogur o maior número de veces posible. Primeiro cunha man e logo coa outra. Podedes contar cantas veces o facedes sen erro e volver a comezar.

 

Oca de Educación Física

Na mesma liña que a actividade anterior, a Oca de EF é un modo doado e divertido de realizar actividade física dentro da casa. 

Procuramos que as actividades estean adaptadas aos espazos interiores, debido á situación na que nos atopamos. 

No arquivo adxunto atoparedes información coas normas de xogo (moi sinxelas) e agardamos que sexa de utilidade para mover e corpo e para desconectar un anaco do resto do traballo que estades a facer.

Por outra banda, lémbrovos que tedes un vídeo de estiramentos que podedes utilizar a diario (incluso varias veces ao día) neste mesmo blogue. 

Aproveito a ocasión para enviarvos unha mensaxe de ánimo e de esperanza. Cada día que pasa é un día menos para volver a ver aos compeñeiros/as e ao profesorado. 

 

*Actividade creada polo CEIP A Castellana

Monopoly EF

Esta actvidade está pensada para que o alumnado realice actividade física na casa. É moi sinxelo, cun modo de presentación semellante ao coñecido xogo de mesa "Monopoly" pero cunha enorme simplificación das normas. 

Podedes atopalo en formato PDF nos arquivos adxuntos. En función da idade do alumnado pódese aumentar a dificultade, aumentando o tempo de traballo ou as voltas ao percorrido. 

 *Actividade elaborada polo CEIP A Castellana. Moitas grazas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut