Skip to Content

Educación Física

O xadrez como ferramenta educativa

Bos días!

Desta volta gustaríame deixarvos algún material para que o alumnado (en función dos diferentes niveis) invirta unha parte do seu tempo libre ao xadrez.

Aproveitando os diferentes materiais que nos proporcionaron nun curso de formación do profesorado, vou a colgar varios recursos relacionados con este interesante xogo. 

Para os que non o coñecen:

Son fichas descargables para colorear, cunha breve explicación dos movementos que pode facer cada peza. Serven para ter unha primeira toma de contacto co xadrez.

Para os que xa xogaron algunha vez:

Laberintos, para repasar os movementos das diferentes pezas e titorial de como usar a web Kid Chess, cunha guía para utilizar tódalas aplicacións dispoñibles.

 

Para os "expertos":

Deixo un link para xogar en liña. Nalgún caso non é necesario rexistro (para xogar contra o PC). Noutros faise rexistro e xógase contra outras persoas (a medida que se gañan/perden partidas aumenta a puntuación no noso nivel)

Sen rexistro: https://blitz.chessbase.com/?ref=RF32-OET9DCF5AK&gclid=EAIaIQobChMIicngocSw6AIV2ZTVCh29LwINEAAYASAAEgIWhPD_BwE

Con rexistro: https://chess24.com/es 

*Material facilitado por Jacobo Caselas e Yudania Hernández, da Federación Galega de Xadrez, para o curso de formación do profesorado: "O xadrez como ferramenta educativa". 

70 ideas para jugar con niños en casa

Boas de novo a toda a comunidade do Vista Alegre!

Hoxe deixo colgada unha imaxe onde podedes atopar 70 xogos ou actividades que se poden desenvolver dentro da casa. A maioría son moi sinxelas e requiren pouco material.

Na área de EF tamén xoga un papel moi importante a expresión corporal (imitación, baile, xogos de rol, interpretación) polo que é fundamental estimular ao alumnado na realización destas tarefas. Porén, nesta imaxe podedes atopar actividades relacionadas con coreografías, radio, karaoke...

Tamén se propoñen xogos que nos axudan a mellorar competencias tales coma a Comunicación Lingüística (CCL), Aprender a Aprender (CAA) ou Competencia Dixital (CD).

 

*Imaxe extraída da web: estacionbambalina.com 

14 Retos

Bos días a todas e todos!

Deixo no blogue da área de EF un arquivo dirixido a todo o alumnado de primaria con 14 retos, un por cada día de corentena. 

Está elaborado pola profesora Marta Blanco e o que se procura é que o alumnado teña que facer un pequeno reto (dentro da medida do posible) cada día. Evidentemente garda unha relación moi estreita coa nosa área. 

Agardamos que sexa do voso agrado e moitas grazas á profe Marta Blanco polo seu traballo!

Materiais xerais para Primaria

Durante estas datas de emerxencia sanitaria complícase a tarefa de realizar actividade física diaria. Con todo, dende a área de EF, tratremos de ofrecer diferentes materiais que nos axudan a manternos en contacto coa nosa materia e tamén buscar solucións ao déficit de movemento. 

Deixo tamén, á disposición da comunidade educativa do noso CEIP, un correo electrónico de contacto para calquera dúbida que teñan en relación á Educación Física: julian.gomez@edu.xunta.es

No seguinte enlace poden atopar diferentes actividades (divididas en ciclos) que están relacionadas coa alimentación, os materiais da clase de EF, corpo humano... Sempre se presentan cun enfoque lúdico, polo que adoitan sen moi atractivos para o alumnado.

http://recursostic.educacion.es/primaria/ludos/web/alumnos.html

A maiores, como rutina e solución á falta de espazos e a ausencia de actividade física no exterior, presento o seguinte vídeo con estiramentos que se poden facer diariamente:

Nas vindeiras datas iremos colgando novos materiais para que estas xornadas sexan o máis amenas posible e que, na medida do posible, non afasten ao alumnado da rutina do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut