Xogos Populares e Tradicionais

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal

As catro esquinas

Chámanse 4 esquinas, pero podemos poñer tantas esquinas como nenos xogan menos unha, para que sempre quede un sen esquina.

Materiais:
As esquinas poden ser de casas, ou ben fabricadas con pedras, aros, balóns, ou calquera outro material que sirva para sinalar unha zona ou "casa". Nós, de pequenos, xogabamos ás 4 esquinas coas ventás das casas dunha quella sen tráfico de coches.

Xogo:
Botamos a sortes quen "lla queda", e o resto se coloca un en cada "esquina".
O que non ten esquina canta: "As catro esquinas, libres quedan. O que non sae, quédaa".
Entón, todos deben saír e buscar unha esquina libre e o que cantou, tamén quedando un sen esquina, que volverá cantar a canción e volta empezar.
Se o que a queda descobre alguén que non sae, o sinala e inmediatamente ese pasa ao centro e empeza a cantar a canción.

Licencia Creative Commons
Esta obra está baixo unha licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial 3.0 Unported.
Regreso al contenido | Regreso al menu principal