Skip to Content

Educación Infantil

Falamos sobre Frida Kahlo

Os nenos e nenas de 5 anos A adicamos parte deste trimestre a investigar sobre a vida e obra  dunha gran artísta Frida Khalo. Deixámosvos un pequeno resumo da súa vida, algunha das súas obras máis importantes e, algunhas das súas frases máis famosas que seguen a inspirar a moita xente.

 

DIA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro foi o días das persoas con discapacidade e @s nen@s de 3 anos decidimos poñernos no lugar do noso compañeiro Heitor para ver que se sinte...é moi gratificante ver que para eles non hai discapacidade!!

Debullamos fabas!

Debullar, degranar, debagar...FABAS é unha estupenda actividade de motricidade fina.

Nas aulas de 5º de educación infantil realizamos moitas actividades de vida práctica. Este ano aprendimos que as fabas non veñen do supermercado como moitas e moitos pensaban...

Visita do Punto Limpo Móbil

Este venres, o alumnado de Infantil coñeceu o Punto Limpo Móbil, no que puido tirar as pilas, lámpadas, cartuchos de tinta... que trouxo das súas casas. Con esta actividade aprendemos que hai certas cousas que non se poden tirar nos colectores de lixo habituais. Este "colector especial" podémolo atopar todos os venres na Praza do Concello (excepto o 2º venres de cada mes que está na rúa Vilaestrofe).

Nos seguintes arquivos adxuntos podedes descargar a foto de cada clase.

Distribuir contido


by Dr. Radut