Skip to Content

Educación Infantil

ESFOLLADA NA AULA DE TRES ANOS

Os nenos e nenas de tres anos comezamos o  proxecto do millo facendo unha esfollada na clase. Despois de estudar as partes da planta, esfollamos, moemos e coa fariña fixemos dous biscoitos ben saborosos.

 

Vendima na aula de 3 anos

Os nenos e nenas de 3 anos decidimos facer a vendima na nosa aula. Despois de cortar, recoller e lavar os acios comezou a experiencia de sacar o zume das uvas. Primeiro coas mans e logo tamén cos pés. Foi unha experiencia moi interesante e tamén moi doce posto que o zume estaba ben saboroso!!! Gracias Espe e Nuria pola vosa axuda e a Diego que nos facilitou as uvas.

Experimentamos coas cores

En 3 anos experimentamos coas cores empregando diferentes materiais.

Discos desmaquillantes pintados de cores , unha chiquiña de xabón e por último metelos en leite ... maxía!!!

Tamén experimentamos con lacasitos e m&ms botándolles auga. Os resultados foron máxicos.

Gracias Nuria pola montaxe tan chuli que nos fixeche da nosa sesión de experimentos.

TALLER DE EXPERIMENTOS

Na aula de 5 anos A levamos a cabo ao longo deste  trimestre un taller de experimentos con David, futuro mestre, resultou moi interesante e motivador para os nenos e nenas. Aprendimos un montón de cousas sorprendentes sobre os imáns, a luz , a densidade, as mezclas explosivas.. Foi unha experiencia alucinante. 

Distribuir contido


by Dr. Radut