Skip to Content

Educación Infantil

Chegou o bo tempo!

Esta penúltima semana de curso damos un xiro á nosa proposta. Sabemos que traballastes moi duro durante estes meses pasados, así que é hora de desfrutar do bo tempo, da praia, da montaña, da familia, dos paseos en bici... Aproveitade os días de Sol para divertirvos ao aire libre!

  • Xuntade cunchas, flores, pauiños... Contádeos, ordenádeos, clasificádeos por tamaños, por categorías...
  • Convertídevos en arquitectas/os deseñando castelos de area.
  • Facede trasvases de area, de auga... en distintos recipientes.
  • Saíde a dar paseos desfrutando da natureza e observando todo o que nos rodea: animais, flores, prantas, árbores e os seus froitos, rochas, algas... Podedes sacar algunha foto do que máis vos guste ou de algo do que descoñezades o nome para despois buscar na casa (en libros, no ordenador, no móbil...).
  • Convertídevos en chefs unha vez máis pero desta vez elaborando pratos máis frescos para o verán, como por exemplo ensaladas, macedonia, xeados, batidos... Animásmovos tamén a facer o voso propio recetario de verán!
  • Non vos esquezades tampouco de preparar a vosa merenda para as vosas saídas á praia ou á montaña. Lembrade, tal e como facíamos no cole, que debemos empregar fiambreira e cantimplora para reutilizar e reducir o lixo que xeramos.
  • Lembrade tamén que sempre debemos botar crema cando imos expoñernos ao Sol (podedes aproveitar para repasar todas as partes do corpo segundo a ides aplicando e os números da protección solar) e beber auga con frecuencia.

 

Semana de Pete the cat

Para esta semana propoñémosvos de novo unhas ACTIVIDADES coas profes como protagonistas. Están relacionadas cun conto que todas coñecedes e que ten unha ensinanza moi positiva.

A profe Cris cóntanos o conto Pete the cat.

Gústouvos o conto? Pois agora... mans á obra! 

1. O profe David propón desta vez unhas cantas actividades con palabras e letras, partindo de palabras que saen no conto!

2. A profe Carmen ensínanos a facer marmelada de amorodos caseira. Que rica!

3. A profe Dolo ensínanos a debuxar un gato grazas a unha poesía de Gloria Fuertes. Así é máis fácil aprender!

4. A profe Meli ensínanos a facer outra manualidade. Neste caso, un gato que se move!

5. A profe Belén desta vez experimenta con colorantes alimentarios, leite e pan de molde. Que divertido!

6. A profe Cris proponnos desta vez un xogo para traballar as cores e a lóxica, baseándose na idea do xogo "Speed cups".

7. Por último, a profe Lina proponnos uns cantos xogos para poñer a proba a nosa habilidade e o noso coñecemento das cores!

ÁNIMO!

Semana do mar

Para esta semana propoñémosvos de novo unhas ACTIVIDADES coas profes como protagonistas. Están relacionadas cun conto que ao mellor non coñecedes, pero cremos que é moi interesante e nos ensina unha gran lección. Todas e todos temos un talento, só é cuestión de atopalo!

A profe Cris cóntanos o conto Non quero ser un polbo.

Gústouvos o conto? Pois agora... mans á obra! 

1. O profe David propón outra interesante actividade de conciencia fonolóxica. Neste caso, conciencia a nivel de fonema. Eres quen de facela? Pon moita atención!

2. A profe Carmen ensínanos a facer e a xogar ao 3 en raia cunhas fichas moi especiais!

3. A profe Dolo ensínanos a facer un barco e anímanos a experimentar con distintos obxectos para saber se afondan ou non!

4. A profe Meli oculta un debuxo do mar nunha bolsa de conxelar pero creando unha lanterna consegue velo! Que divertido!

5. A profe Belén desta vez experimenta con auga. Parece maxia!

6. A profe Cris proponnos de novo unhas adiviñas e uns trabalinguas. Neste caso, relacionadas co mar!

7. Por último, a profe Lina leva a cabo uns cantos retos propostos polos personaxes do conto. Menuda habilidade! E vós, sodes capaces de facelos? Seguro que si!

Tamén vos propoñemos un último xogo (que tamén podedes facer fisicamente se queredes):

ÁNIMO!

Semana de Cocorico

Para esta semana propoñémosvos de novo unhas ACTIVIDADES coas profes como protagonistas. Están relacionadas cun conto que vos gusta moito a todas e todos. Esperamos con moitas ganas os vosos correos! 

A profe Cris cóntanos o conto Cocorico.

Gústouvos o conto? Pois agora... mans á obra! 

1. O profe David propón outra interesante actividade de conciencia fonolóxica. Neste caso, conciencia silábica. Eres quen de facela? Pon moita atención!

2. A profe Carmen explícanos uns xogos con oveiras para traballar as cores, a asociación número-cantidade e iniciación ás sumas.

3. A profe Dolo ensínanos a facer un biscoito coma o do conto! Que rico!

4. A profe Meli explícanos como facer un títere de Cocorico empregando círculos. Cando o teñades feito podédelo utilizar para contar o conto! Tamén podedes facer o resto de personaxes.

5. A profe Belén experimenta cun fluído non newtoniano. Que divertido!

6. A profe Cris proponnos unhas adiviñas e uns trabalinguas!

7. E como non... non podía faltar unha estupenda actividade da man da profe Lina para moverse e realizar exercicio con premio final! 

Tamén vos propoñemos un par de actividades interactivas (que tamén as podedes facer fisicamente se queredes):

Ademais, deixámosvos aquí a "película" de Cocorico e a canción.

ÁNIMO! 

Distribuir contido


by Dr. Radut