Skip to Content

blogue deCris Pillo

A semana da eiruga

Para esta semana propoñémosvos unhas ACTIVIDADES cunhas protagonistas que probablemente vos resulten familiares. Están relacionadas cun conto moi divertido que seguramente coñecedes. Esperamos con moitas ganas os vosos correos! 

A profe Cris cóntanos o conto Unha eiruga moi larpeira.

Gústouvos o conto? Pois agora... mans á obra! 

1. O profe David plantea esta interesante actividade de conciencia fonolóxica. Eres quen de facela? Pon moita atención!

2. A profe Carmen explícanos 3 xogos partindo da cabeza dunha eiruga para traballar o conteo, a asociación número-cantidade, sumas e series.

3. A profe Dolo amósanos a maxia da simetría! Atréveste?

4. A profe Meli explícanos como facer unha eiruga larpeira cun bote cilíndrico. Cando a teñades feita podédela utilizar para contar o conto!

5. A profe Belén explica cómo facer un volcán empregando unha mazá e outras sustancias. Agora a intentalo!

6. A profe Cris prepara unha merenda saudable a partir dalgunhas das froitas que rilaba a eiruga. Anímaste a facela? 

7. E como non... non podía faltar unha estupenda actividade da man da profe Lina para moverse e realizar exercicio transformándonos nunha eiruga! 

Ademais, podedes facer outras actividades que se vos ocorran relacionadas co conto (estampación de froitas, creación dun títere, máis receitas de cociña, días da semana, cores...) e/ou actividades de semanas anteriores.

Nós xa fixemos as actividades e pasámolo ben á vez que aprendíamos. Agora tócavos a vós!

ÁNIMO! 

3º Trimestre: Semana 3

Boas! Esta semana traemos unha proposta moi divertida! Esperamos que vos guste e que o pasedes tan ben como o pasamos nós preparándoas :)

1) A profe Cris cóntanos o CONTO "A que sabe a lúa?"

Gustouvos o conto? Pois agora queremos saber a que vos sabe a lúa a vós! Cal é o voso plato favorito? Podedes aproveitar esta actividade para preparalo vós mesmos/as coa axuda da vosa familia e sacarlle unha foto ao proceso e/ou ao resultado, escribir o nome do plato, escribir a receita ou facer un debuxo.

2) Á profe Lina tamén lle gusta moito este conto así que se puxo "mans á obra", nunca mellor dito... e ensínanos a facer ANIMAIS partindo das vosas mans. Animádevos a facer os vosos para contar o conto!

3) Esta semana propoñémosvos 4 RETOS:

- Eres quen de dobrar unha camiseta?

- Eres quen de facer o teu nome con masa de pan?

- BAILA co profe David!

- Fai un RETRATO e pásao tan ben como a profe Belén!

4) Tamén unhas cantas ACTIVIDADES moi divertidas:

- A CONTAR. Conta cantas portas, ventás, camas, televisores e interruptores tes na túa casa. Podes facer un inventario apuntando todo nun folio: o número, o nome e o debuxo de cada cousa.

- XOGO DE PESCA. Necesitas vasos de iogur, de natillas, de flan... clips, corda ou fío e un pauiño, xa sexa de brocheta, dalgúns xoguete... Que un familiar che axude a facer os furados na parte de abaixo do envase e ponlle os clips a modo de argoia. Podes decorar os vasos para que semellen peixes de verdade! E agora... a pescar! Podes poñerlle número aos envases para despois contar os puntos que conseguiche ou letras para formar palabras.

- MASAXES. Colle crema hidratante e faille unha boa masaxe a un familiar nas mans, nos pés, na espalda... Eh! Que despoís tamén cho fagan a ti!

- Experimenta distintos RITMOS con ESTA WEB tan divertida!

- MES DA ARTE. Dende o cole propoñemosvos esta actividade:

 

- Chega unha nova edición dos ANIMAIS PROGRAMADOS. Eres quen de adiviñar a onde chegan? Desta vez deixámosvos as solucións para que vós mesmos/as poidades comprobar se estábades no certo.  

SOLUCIÓN CARACOL DE MAR

 

SOLUCIÓN CALAMAR

 

SOLUCIÓN PEIXE PAIASO

 

SOLUCIÓN PEIXE GLOBO

 

SOLUCIÓN BALEA

 

SOLUCIÓN ESTRELA DE MAR

- DAR UN PASEO! Os profes do CPI Cabo da Area (Laxe) narran o conto de Carmen Esteban "A saída do oso goloso en primavera", que nos da uns cantos consellos para realizar estes paseos de xeito seguro:

3º Trimestre: Semana 2 (20-24 de abril)

Para esta semana propoñémosvos máis DESAFÍOS e ACTIVIDADES, cun apartado especial adicado aos CONTOS, xa que o 23 de abril se celebra o Día do libro. Boa semana! 

Lembrade seguir enviándonos fotos/vídeos das vosas actividades a infantilvista@gmail.com.

 

DESAFÍOS

  • Cantas veces eres quen de dobrar un folio á metade?
  • Sabes envolver un agasallo para un aniversario? Se a resposta é non, xa vai sendo hora de aprender! Para este desafío precisarás caixas de distintas dimensións (de zapatos, de cereais, envases de café, bricks,...), papel de xornal e celo. Tamén podes decorar o envoltorio como máis che guste. Non esquezas dobrar ben as esquinas!
  • Gustounos moito como convertestes as caixas de cartón e os bricks de leite en cousas totalmente distintas. Nesta ocasión podes facelo transformando unha oveira.
  • Deseña un circuito para xogar con chapas ou tapóns. Podes empregar "plastilina", palliñas, escarvadentes, papel enrrolado...
  • Á profe Lina gústalle moito a papiroflexía! Eres quen de facer un barquiño de papel segundo as súas indicacións?

 

ACTIVIDADES

  • Repasando siluetas. Seguro que tes algunhas figuriñas de animais coas que che gusta xogar. Agora podes darlles outra utilidade! Coloca o teu animal diante dun folio e proxéctalle luz cunha lámpada ou unha lanterna. Cando o animal se vexa proxectado no folio, repasa a súa silueta cun lapis e terás un súper debuxo. Podes facer un libro de animais e decoralos con diferentes técnicas plásticas.
  • Traballando coa RECTA NUMÉRICA. Deseña a túa propia recta numérica (pódela facer ata o número que consideres, do 1 o 5, do 1 o 10, do 1 o 20,...) e escribe os números sobre tapóns, chapas, medias noces, pinzas da roupa, fichas dalgún xogo...
  1. Ordena a recta de forma ascente e descendente.
  2. Unha vez ordenada pon debaixo de cada tapón a cantidade correspondente de garabanzos, fabas... que corresponda ao número.
  3. Busca o intruso: que un familiar desordene un dos números da recta, deberás averiguar cal é, e poñelo no lugar que corresponda.
  4. Cal falta? Que un familiar esconda un dos números da recta numérica. Deberás averiguar cal é e poñelo no lugar que corresponda.
  5. Números veciños. Os veciños son os números anterior e posterior dun número. Averigua quenes son os veciños do 2, do 5, do 10...
  6. Pon un garabanzo, por exemplo, no número 3. Averigua cantos faltan para chegar a outro número que che digan.
  7. Pon un garabanzo no número 5. Onde te atopas se contas tres a partir de ese número?

  • Enche un recipiente non moi alto (unha palangana, unha bandexa...) de sal ou azucre. Escribe letras e números co dedo! Se o necesitas, un familiar pode escribir ou  enseñarche letras no móbil, nunha revista... para que che sirvan de modelo.
  • Carreira de bolas de papel. Fai tantas boliñas de papel como participantes na carreira. Pon unha marca no chan a modo de saída e outra a modo de meta. Coloca as bólas na saída e emprega un abanico, o teu propio soprido (con ou sen palliña)... para facer que a boliña chegue á meta. Pódese cronometrar o tempo de cada participante e comparalos (a quen lle levou máis tempo, menos tempo, canto máis, canto menos...)
  • Xogo dos bolos. Para xogar, primeiro necesitarás facer os bolos. Podes empregar botellas de auga, bricks... Asígnalle un número a cada bolo e xa poderás xogar intentando derribalos cunha pelota. Despois de cada tirada, para saber cantos puntos ganache, suma os números de todos os bolos que tirache. Pode xogar toda a familia para comparar as puntuacións.
  • Tragabólas. Debuxa unha cara na tapa dunha caixa, nun brick cortado pola metade, nun envase de cereais... e fai un furado que simule a boca. Pon dentro da caixa boliñas de papel, canicas, garabanzos... e intenta colalas polo furado. Podes poñer varias con distintos números escritos para posteriormente sumalas e saber cantos puntos conseguiches. 
  • Experimentos. Nesta ocasión propoñémosvos dous moi interesantes.
  1. Arco da vella caseiro. Para realizalo precisarás dous vasos con auga (ata a metade do vaso), papel de cociña e rotuladores. Collemos papel de cociña e cortámolo con 17 cm de lonxitude e cun ancho axeitado á boca dos vasos. Nos extremos dos papeis debuxamos liñas horizontais de cores a modo de arco da vella. Poñemos os vasos preto e en cada un mergullamos un dos extremos debuxados do papel. Agardamos un anaco para ver o resultado.
  2. Escuma caseira. Só precisas a parte superior dunha botella de plástico cortada pola metade, un recipiente con pouquiña auga e lavavaixelas. Bota un pouco de lavavaixelas no recipiente con auga, inserta un calcetín no expremo oposto á boquilla da botella e imprégnao coa mestura de xabón con auga. Sopra pola boquilla de botella e abráiate co resultado!
  • Actividades interactivas para traballar a memoria, as formas xeométricas e as cores.

 

 

CONTOS

  • Seguro que tes un conto favorito ou un personaxe de conto que che encanta. Podes gravar un vídeo presentando o teu conto favorito, facer un debuxo do personaxe ou conto que máis che guste ou disfrazarte del e sacar unha foto!
  • Fai unha marioneta cun calcetín e decórao (podes poñerlle ollos, boca, pelo...), preséntanolo e conta unha breve historia na que sexa o protagonista.
  • Que é o primeiro que vas facer cando se acabe o confinamento? Cóntanolo gravando un vídeo, fai un debuxo...

 

  • Adiviña de que contos nos están a falar as/os profes do Vista Alegre!

 

PARA MOVERSE

Esta semana deixámosvos unha rutina un pouco diferente á das semanas anteriores para facer exercicio en familia. Animádevos!

Distribuir contido


by Dr. Radut