Skip to Content

blogue deCris Pillo

3, 2, 1... COMEZAMOS!

Voz Natura cumpre 25 anos!

Os traballos desta edición abarcarán todo tipo de temas. No CEIP Vista Alegre centrarémonos no coidado da natureza e na reciclaxe!

 

 

 

Horto escolar ecolóxico

Comezamos a tempada de plantación no noso horto escolar ecolóxico. Desta vez, as nenas e nenos de Infantil foron as encargadas/os de plantar coliflor, repolo, brócoli e col lombarda.

Seguiremos informando do crecemento dos produtos do invernadoiro!
Podedes ver/descargar as fotos na seguinte galería de imaxes.

3,2,1... COMEZAMOS!

Para este curso, dende Voz Natura traballaremos a defensa dos espazos naturais do Camiño de Santiago.

Aproveitando o proxecto que desenvolveremos no colexio este curso, "Xacobeo-Bureleo 2021", prepararémonos para o Camiño coñecendo o patrimonio cultural galego e europeo a través de diversas actividades. Na segunda parte do proxecto (Bureleo 2021), convertirémonos en "peregrinos" da nosa ruta de Burela, a cal iremos trazando, acondicionando, sinalizando e explicando a través dun itinerario con lugares de interese cultural e patrimonial.

Desfrutade do camiño que hoxe comezamos!

Semana das letras galegas

Sabedes que celebramos o domingo 17 de maio? Pois sí! O día das Letras Galegas! Este ano vai adicado a Ricardo Carvalho Calero. Este autor escribiu, entre moitas outras cousas, o conto As pitas baixo a choiva. Mestras do CEIP Vilaverde-Mourente (Pontevedra) contánnolo así de ben:

A continuación deixámosvos uns cantos exercicios para os distintos niveis relacionados con Ricardo Carvalho Calero e o seu conto As pitas baixo a choiva. Fonte. Seminario Galán.

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL ("3 anos")

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL ("4 anos")

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL ("5 anos")

Tamén podedes facer as seguintes actividades en liña sobre o autor e o seu conto (precísase ordenador):

Ademáis, podedes divertirvos e traballar con estas ACTIVIDADES:

- Enche un recipiente non moi alto de cristal transparente busca o número enterrado en sal, azúcre, fariña... como se mostra neste vídeo. Podes facelo con letras, buscar o número que che diga un familiar...

- Apetéceche maquillar? Pintar as unllas? Neste vídeo móstrase como podes facelo empregando un anaco de cartón, pintura e cinta adhesiva! Atréveste? 

- Como xa empeza a sentirse a calor, por que non facer unhas pinturas de xeo? Só necesitas auga, colorantes alimentarios das cores que che apeteza pintar, palillos e cubiteras. Cando estean ben conxelados ponte mans á obra!

Tamén podes facer os teus propios xeados caseiros empregando esta técnica! Só tes que botar na cubiteira ou en envases de iogur o teu refresco favorito, zume de froitas... e conxelalo! Tamén podes facer iogures xeados cravando un pau no teu iogur preferido!

- Anímaste a xogar ás palmas?

- Tea de araña. Coloca unha serie de cordóns ou lá de tecer dun sitio a outro do teu salón (por exemplo, atados ás cadeiras) como se se tratara dunha tea de araña. Debes intentar atravesala sen tocar a tea.

- Frío ou quente. Oculta ou que che oculten un obxecto pola casa, intenta atopalo utilizando as indicación de quente (preto) ou frío (lonxe).

- Sabes xogar a pedra, papel, tesoira? Seguro que alguén da túa familia che pode ensinar e pasar un anaco divertido!

- Deseña un menú diario, ou semanal se te atopas con forza! Deberás escribilo e debuxalo!

- Efecto dominó. Emprega pezas de dominó ou libros (cantos máis mellor), ponos en fila e empurra o último. Mira que rápido caen!

E esta semana, PARA MOVERSE...

Distribuir contido


by Dr. Radut