Skip to Content

blogue deCris Pillo

LEITUGAS E AMORODOS

As nenas e nenos de catro anos prepararon o invernadoiro para os cultivos de primavera! Plantaron leitugas e amorodos e están ansiosos por recoller os froitos!

 

 

 

 

HORTOS URBANOS

Os hortos urbanos atópanse a pleno rendemento grazas ao alumnado de educación infantil! O curso pasado estiveron repletos de plantas aromáticas e amorodos. Nesta ocasión decidímonos polos bulbos e as ceboletas de inverno.

 

Árbores e plantas do monte galego

Libruxa e Jan propuxéronnos ao comezo de curso que investigasemos sobre unha árbore ou planta que habita o monte galego. Cada nivel investigou sobre unha, elaborando o seu DNI e decorando a porta de entrada á súa aula. Aquí tedes o traballo realizado!

O corpo humano

Un día, na asemblea, os nenos e nenas déronse conta de que nos seus zapatos había diferentes números e, de aí, xurdiu o proxecto do 1º trimestre da aula de 4 anos B.

Comezamos polo coñecemento de si mesmos (talle, peso, altura...) e continuamos investigando o funcionamento interno do corpo humano. Deixámosvos un resumo de todo o que aprendimos.

Distribuir contido


by Dr. Radut