Skip to Content

3º Trimestre: Semana 2 (20-24 de abril)

Para esta semana propoñémosvos máis DESAFÍOS e ACTIVIDADES, cun apartado especial adicado aos CONTOS, xa que o 23 de abril se celebra o Día do libro. Boa semana! 

Lembrade seguir enviándonos fotos/vídeos das vosas actividades a infantilvista@gmail.com.

 

DESAFÍOS

  • Cantas veces eres quen de dobrar un folio á metade?
  • Sabes envolver un agasallo para un aniversario? Se a resposta é non, xa vai sendo hora de aprender! Para este desafío precisarás caixas de distintas dimensións (de zapatos, de cereais, envases de café, bricks,...), papel de xornal e celo. Tamén podes decorar o envoltorio como máis che guste. Non esquezas dobrar ben as esquinas!
  • Gustounos moito como convertestes as caixas de cartón e os bricks de leite en cousas totalmente distintas. Nesta ocasión podes facelo transformando unha oveira.
  • Deseña un circuito para xogar con chapas ou tapóns. Podes empregar "plastilina", palliñas, escarvadentes, papel enrrolado...
  • Á profe Lina gústalle moito a papiroflexía! Eres quen de facer un barquiño de papel segundo as súas indicacións?

 

ACTIVIDADES

  • Repasando siluetas. Seguro que tes algunhas figuriñas de animais coas que che gusta xogar. Agora podes darlles outra utilidade! Coloca o teu animal diante dun folio e proxéctalle luz cunha lámpada ou unha lanterna. Cando o animal se vexa proxectado no folio, repasa a súa silueta cun lapis e terás un súper debuxo. Podes facer un libro de animais e decoralos con diferentes técnicas plásticas.
  • Traballando coa RECTA NUMÉRICA. Deseña a túa propia recta numérica (pódela facer ata o número que consideres, do 1 o 5, do 1 o 10, do 1 o 20,...) e escribe os números sobre tapóns, chapas, medias noces, pinzas da roupa, fichas dalgún xogo...
  1. Ordena a recta de forma ascente e descendente.
  2. Unha vez ordenada pon debaixo de cada tapón a cantidade correspondente de garabanzos, fabas... que corresponda ao número.
  3. Busca o intruso: que un familiar desordene un dos números da recta, deberás averiguar cal é, e poñelo no lugar que corresponda.
  4. Cal falta? Que un familiar esconda un dos números da recta numérica. Deberás averiguar cal é e poñelo no lugar que corresponda.
  5. Números veciños. Os veciños son os números anterior e posterior dun número. Averigua quenes son os veciños do 2, do 5, do 10...
  6. Pon un garabanzo, por exemplo, no número 3. Averigua cantos faltan para chegar a outro número que che digan.
  7. Pon un garabanzo no número 5. Onde te atopas se contas tres a partir de ese número?

  • Enche un recipiente non moi alto (unha palangana, unha bandexa...) de sal ou azucre. Escribe letras e números co dedo! Se o necesitas, un familiar pode escribir ou  enseñarche letras no móbil, nunha revista... para que che sirvan de modelo.
  • Carreira de bolas de papel. Fai tantas boliñas de papel como participantes na carreira. Pon unha marca no chan a modo de saída e outra a modo de meta. Coloca as bólas na saída e emprega un abanico, o teu propio soprido (con ou sen palliña)... para facer que a boliña chegue á meta. Pódese cronometrar o tempo de cada participante e comparalos (a quen lle levou máis tempo, menos tempo, canto máis, canto menos...)
  • Xogo dos bolos. Para xogar, primeiro necesitarás facer os bolos. Podes empregar botellas de auga, bricks... Asígnalle un número a cada bolo e xa poderás xogar intentando derribalos cunha pelota. Despois de cada tirada, para saber cantos puntos ganache, suma os números de todos os bolos que tirache. Pode xogar toda a familia para comparar as puntuacións.
  • Tragabólas. Debuxa unha cara na tapa dunha caixa, nun brick cortado pola metade, nun envase de cereais... e fai un furado que simule a boca. Pon dentro da caixa boliñas de papel, canicas, garabanzos... e intenta colalas polo furado. Podes poñer varias con distintos números escritos para posteriormente sumalas e saber cantos puntos conseguiches. 
  • Experimentos. Nesta ocasión propoñémosvos dous moi interesantes.
  1. Arco da vella caseiro. Para realizalo precisarás dous vasos con auga (ata a metade do vaso), papel de cociña e rotuladores. Collemos papel de cociña e cortámolo con 17 cm de lonxitude e cun ancho axeitado á boca dos vasos. Nos extremos dos papeis debuxamos liñas horizontais de cores a modo de arco da vella. Poñemos os vasos preto e en cada un mergullamos un dos extremos debuxados do papel. Agardamos un anaco para ver o resultado.
  2. Escuma caseira. Só precisas a parte superior dunha botella de plástico cortada pola metade, un recipiente con pouquiña auga e lavavaixelas. Bota un pouco de lavavaixelas no recipiente con auga, inserta un calcetín no expremo oposto á boquilla da botella e imprégnao coa mestura de xabón con auga. Sopra pola boquilla de botella e abráiate co resultado!
  • Actividades interactivas para traballar a memoria, as formas xeométricas e as cores.

 

 

CONTOS

  • Seguro que tes un conto favorito ou un personaxe de conto que che encanta. Podes gravar un vídeo presentando o teu conto favorito, facer un debuxo do personaxe ou conto que máis che guste ou disfrazarte del e sacar unha foto!
  • Fai unha marioneta cun calcetín e decórao (podes poñerlle ollos, boca, pelo...), preséntanolo e conta unha breve historia na que sexa o protagonista.
  • Que é o primeiro que vas facer cando se acabe o confinamento? Cóntanolo gravando un vídeo, fai un debuxo...

 

  • Adiviña de que contos nos están a falar as/os profes do Vista Alegre!

 

PARA MOVERSE

Esta semana deixámosvos unha rutina un pouco diferente á das semanas anteriores para facer exercicio en familia. Animádevos!



blog | by Dr. Radut