Skip to Content

blogue deDolores

MONTAMOS A CABALO

Dende a clase do CARACOL A queremos mostrarvos o ben que o pasamos montando a cabalo o día que fomos de excursión á Granxa-Escola de Castropol.

Foi moi divertido!!!

 

Click to play this Smilebox slideshow
 

EXCURSIÓN GRANXA-ESCOLA CASTROPOL

 

O pasado 23 de maio os nenos e nenas de E. Infantil fomos de excursión á Granxa-Escola "RÍA DEL EO" de Castropol. Alí disfrutamos facendo distintas actividades e vendo os animais. Tamén plantamos no horto e montamos a cabalo.

Foi moi divertido!!!

 

CUMPREANOS NA CLASE DO CARACOL

Ola!! dende a clase do CARACOL A.

Neste mes de maio que acaba de rematar, na nosa clase celebramos dous cumpreanos, o de SARA e o de ALBA, vaian para as dúas os nosos parabén.

MOITAS FELICIDADES!!!!!

 

 

VISITA AO INVERNADOIRO

Clase do CARACOL A

Este pasado venres unhas nenas de 1ºB viñeron á nosa clase para mostrarnos o traballo que fixeron, xunto cos seus compañeiros de clase e os da clase de 1ºA, no invernadoiro.

Ensináronnos que é composteiro, como prepararon a terra para plantar e as plantas que plantaron: patacas, cenoiras, fresas e repolos.

Disfrutamos moito coa experiencia e queremos compartila con todos vós.

Moitas grazas a Teresa, Zaira, Claudia e Paula, e tamén a todos os seus compañeir@s.

 

Click to play this Smilebox slideshow
 
Distribuir contido


by Dr. Radut