Skip to Content

blogue deDolores

PROXECTO: "OS NOSOS SENTIDOS"

Dende a clase do OSIÑO queremos mostrarvos o noso traballo sobre OS SENTIDOS que fai uns días rematamos. Foi moi divertido porque experimentamos moito e iso gustounos.

Tamén queremos agradecer a Bea, a mamá de Santi, e a Ana, a mamá de Jorge, que viñeran ao cole falarnos dos seus traballos, que están moi relacionados co sentido do oído e co do tacto, resultou moi interesante.

Esperamos que vos guste!!  

 

VISTA ALEGRE NEWS

The children of the fifth levels recorded a news bulletin called "Vista Alegre News" to put the present simple and present continuous tenses into practice, as well as some vocabulary related to weather and sports.

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da conmemoración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, o pasado 25 de Novembro, na clase do OSIÑO fixemos dúas actividades.  Unha foi a elaboración dun mural do símbolo que representa esta celebración, o lazo de cor lila, que fixemos estampando as nosas mans, e a outra foi traballar o conto EL MALTRATO SUTIL, de Diego Jiménez, do que fixemos unha pequena adaptación.

Aqui vos mostramos os nosos traballos.  

 

 

Click to play this Smilebox slideshow
 
Make your own free picture slideshow

  

 

 

Click to play this Smilebox slideshow
 
Customize your own slideshow design

CUMPREANOS NA CLASE DO OSIÑO A

Dende a clase do OSIÑO A queremos mostrarvos unhas fotos dos nen@s que celebraron o seu cumpreanos neste primeiro trimestre do curso.

Moitos parabéns para UXÍA, LUCAS, JAUME e ADRIÁN que disfrutaron un montón nese día tan especial!!   

 

 

Click to play this Smilebox slideshow
 
Distribuir contido


by Dr. Radut