Skip to Content

blogue deDolores

EXCURSIÓN A CANGAS

O pasado mércores, 22 de XUÑO, os alumn@s do noso cole fixemos unha excursión a CANGAS con motivo do último día deste curso escolar.

Os nen@s de Educación Infantil queremos mostrarvos un pouquiño desa xornada na que disfrutamos un montón.

Aproveitamos para despedirnos ata o próximo curso e desexar a tod@s un FELIZ VERÁN!!!  

 

 

CUMPREANOS NA CLASE DO CARACOL

Neste mes de XUÑO na clase do CARACOL A celebramos varios cumples, o o de ÁLVARO, o de GABRIEL  e o de DANI. Dende aquí queremos mandarlles as nosas FELICITACIÓNS!!   

 

 

 

 

Queremos tamén recordar aos nos@s compañeir@s que celebran o seu cumpreanos durante o verán, como EFRÉN, AMINA, PAULA, IRINA, PAULO e LARA.

Tamén nos acordamos de JAVI, que estes últimos días non puido vir ao cole porque estivo maliño.

FELICIDADES para todos eles para cando sexa ese día tan especial!!  

PROXECTO: "VELÁZQUEZ"

Como puidestes ver os nen@s da clase do CARACOL fixemos a presentación do pintor VELÁZQUEZ, os caracois A imos mostrarvos o noso traballo, co que aprendemos todas esas cousiñas que vos contamos.

Esperamos que vos guste, nós pasámolo moi ben e disfrutamos un montón!!!

 

 

PROXECTO: "VELÁZQUEZ"

More presentations from Libruxo
Distribuir contido


by Dr. Radut