Skip to Content

blogue deDolores

CONSELLOS PARA COIDAR O NOSO PLANETA

RETO 2: "POLLUTION"

Ola de novo,

Nesta ocasión, dende a clase de infantil de 5 anos A, continuando co reto sobre a CONTAMINACIÓN, queremos, xunto con JAN, propoñervos unha serie de consellos que nos axudarán a ter un planeta máis limpo e menos contaminado.

QUE MUNDO CHE GUSTA PARA VIVIR?

RETO 2: "POLLUTION"

Nesta ocasión os nenos e nenas de 5 anos A, seguindo coas actividades que estamos a facer sobre a CONTAMINACIÓN, queremos ensinarvos este mural que elaboramos presentando dous planetas ben diferentes, un cheo de contaminación e outro feliz e limpo. Nós temos claro que escollemos un mundo limpo para poder medrar e vivir, por iso nos parece tan interesante este reto que temos por diante. Colaboremos todos para que poida ser así.

CONTAMINACIÓN

RETO 2: "POLLUTION"

Tendo en conta que estamos a traballar o reto sobre a CONTAMINACIÓN, dende a clase de Educación Infantil de 5 anos A, queremos compartir con todos vós o noso traballo de clasificar lixo tirando cada cousiña no contedor correspondente, acompañados por Jan, axudando así a acadar un mundo máis limpo e menos contaminado.

 

FELICITACIÓN DO NADAL

Distribuir contido


by Dr. Radut