Hoxe as monitoras de GAIA, Begoña e Mª José, preparáronnos un circuito de Educación Vial no pavillón. Alí explicáronnos algunhas normas de circulación e puidemos poñelas en práctica con bicis, motos e pequenos karts.
Esta semana recibimos a visita de Begoña, monitora de GAIA, que nos propuxo, a todo o alumnado de E. Infantil, uns xogos de adiviñar distintos son do bosque, tanto dos animais coma dos sons da natureza. Foi moi divertido.