Skip to Content

blogue deDolores

DÍA DO LIBRO

Ola!!

Dende a clase do CARACOL queremos ensinarvos o noso traballo con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO, no que LIBRUXA nos propuxo que lle contásemos que significa para nós un libro. Fixémolo cun debuxo dunha cara de alegría, xa que eso nos transmite a lectura.

Ademais recibimos a visita do contacontos ANTÓN CORTIZAS que nos presentou unha colección de libriños moi divertidos nos que os propios nen@s foron partícipes das historias.

Desexamos que vos guste!!

 

DÍA DO LIBRO

Ola!

Os nen@s da clase do CARACOL A queremos ensinarvos o noso traballo con motivo da conmemoración do DÍA DO LIBRO. 

Explicamos cun debuxo dunha cara contenta a satisfacción que supón para nós a lectura dos libros e contos e despois pegámola nun mural que fixemos entre todos os nen@s do cole, nesta ocasión no edificio dos maiores.

Tamén recibimos a visita do contacontos ANTÓN CORTIZAS que nos presentou unha colección de libriños moi divertidos.

Desexamos que vos guste!! 

 

ARTE CON ADRIANA

Chegado o mes de abril, na Mariña conmemorárase a SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS, e no noso colexio estamos recibindo a diferentes artistas que se brindaron a colaborar con nós.

Os nen@s de E. Infantil de 3 e 4 anos contamos coa colaboración da artista ADRIANA PARDO, quen nos ensinou a facer pintura con elementos naturais e con ela facer despois un mural.

Divertímonos moito e dende aqui queremos mostrarvos a nosa experiencia.

Aproveitamos para darlle as gracias a ADRIANA e a todos os artistas colaboradores!!!

 

ARTE CON ADRIANA

Ola a tod@s!!

Con motivo da conmemoración da SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS NA MARIÑA, que se celebrará este mes de abril, no noso cole estamos recibindo a visita de distintos artistas que se prestaron desinteresadamente a colaborar con nós e a ensinarnos moitas cousas sobre a arte.

Os nen@s de 3 e 4 anos contamos con ADRIANA PARDO, con quen disfrutamos moito, primeiro elaborando a nosa propia pintura con elementos naturais, e despois facendo con ela un mural de moito colorido.

Foi moi divertido e queremos mostrarvos a nosa experiencia.

Moitas gracias ADRIANA, esperamos volver contar contigo en máis ocasións!! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut