Skip to Content

Música

PREMIO CURTAMETRAXE

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participaron onte no Pazo de San Roque na entrega dos X Premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!, da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coa CRTVG e OQO editora.

Entre os premiados neste concurso estivo o noso centro, coa adaptación de Un conto cheo de lobos. Baseada na obra homónima do escritor Roberto Aliaga, ilustrada por Roger Olmos, ten como protagonistas os lobos de todos os contos, que conviven neste libro e andan polas súas páxinas en busca de comida. Trátase dun labor que require da complicidade e interacción do público, nunha historia que, cando finaliza, volve comezar. Un film moi colorido no que o alumnado de 4º de primaria do noso cole (que agora está en 5º) empregou a técnica de animación en 3D.

Botádelle unha ollada a todo o traballo realizado aquí.

E, para mirar as fotos do evento, nada mellor que a nosa Galería.

VÍDEO ACTUACIÓNS LETRAS GALEGAS

Xa tedes aquí o esperado vídeo musical das actuacións do Día das Letras Galegas, montado pola profe de Música.

Parabéns a todos e todas, porque o festival saíu fenomenal!

FELICES FESTAS!

Con este vídeo cargado de alegría e boas vibracións, o alumnado do CEIP Manuel Villar Paramá deséxavos felices festas e un venturoso Aninovo.

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN

IMG-20201027-WA0010.jpg

 Xa podedes ver en Galerías as fotos do obradoiro virtual de percusión de instrumentos reciclados con Odaiko Percussion Group, que tivo lugar este luns, 26 de outubro, ás 10:00 h, para o alumnado de 5º e 6º de primaria.

O profesor e percusionista Juan Collazo realizou este taller no que o alumnado aprendeu a producir sons con distintos instrumentos reciclados feitos coas súas propias mans.

A sesión foi emitida en directo e o alumnado actuou ao mesmo tempo có percusionista.

Contamos tamén con pequenos tutoriais e partituras para tocar algunhas cancións con botes recheos de sementes.

SAÍDA AO AUDITORIO DE GALICIA E AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

IMG_20200304_115213.jpg

O alumnado de infantil a 3º de primaria desprazouse ata Santiago de Compostela para asistir ao concerto didáctico "De aquí para alá", de Lydia Botana, e visitar o Museo de Historia Natural, coa súa magnífica exposición de minerais e de animais disecados.

Visitade a Galería para ver as fotos.

- Faro de Vigo Deza.

DANZA DA PAZ

Esta é a Danza da Paz, que bailamos todos no cole para celebrar o Día da Paz este venres 30 de xaneiro.

VIDEOCLIP "TOC-TOC"

Distribuir contido


by Dr. Radut