Skip to Content

EN ABRIL, LIBROS MIL

No blog da biblioteca tedes xa á vosa disposición o calendario de efemérides do mes de abril, dedicado desta volta aos libros e elaborado novamente polo equipo de biblioteca.

Abril é o mes do libro e non só porque o 23 de abril se conmemora o Día do Libro, declarado pola UNESCO en 1995, senón tamén porque hai outras efemérides literarias importantes e as cidades se enchen dun ambiente amante dos libros.
Pero hai moito máis: Sabiades que o 1 de abril é o Día do Libro LGBT; que o 2 de abril se celebra o Día Mundial do Libro Infantil e Xuvenil;  que o 14 de abril lembramos a Simone de Beauvoir, escritora francesa feminista; e que
o 19 de abril é o Día da Lingua Chinesa?

Se queredes coñecer o que ocorreu cada día dun mes de abril do pasado en relación cos libros, invitámosvos a ler todo o calendario. Resultaravos moi interesante e aprenderedes moitas cousas novas.



story | by Dr. Radut