Skip to Content

FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 23/24

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (listado definitivo de admitidos) -  Colegio Marista A Inmaculada en Lugo

Saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2023 a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024. 

Entregámoslle hoxe ao alumnado unha circular informativa e mais os anexos I e II.

Aínda que o prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de xuño, aconsellámosvos que as entreguedes na secretaría do centro o antes posible.

Lembrade que o horario de secretaría é de 10:50 a 11:45 h, de luns a venres.

- Circular fondo libros.

Extracto da Orde do 10 de maio de 2023 (DOG)



story | by Dr. Radut