Skip to Content

DÍA DA MULLER

O 8 de marzo é o día internacional da muller e no noso colexio quixemos facerlle homenaxe a todas esas mulleres que sempre cociñaron e que nos alimentaron tan ben. Elas son as nosas nais e avoas!

Unha empresa especial de reparto A TARASCA SABEDORA, traíanos esta iniciativa. cada neno ou nena traería da casa esa receita que identificara á súa nai, avoa, tía... e tamén o mandil característico de cadros, ese mandil que tanto se usa. Con todo isto, creamos un mural onde se espuxeron todas as receitas. Ademais disto, leuse nas distintas aulas o libro A cociñeira do Rei, un conto na que un rei solicita para o seu reino un cociñeiro, pero quen realmente lle conquista o corazón é unha cociñeira que leva toda vida cociñando para os demais.

 

 

Ademais, houbo múltuples actividades polas aulas con lemas e frases que conmemoran o día da muller.




story | by Dr. Radut