Skip to Content

Xenerais no Colexio de A Baña

O pasado 15 de febreiro, os xenerais e xeneralas do noso colexio, foron facer os atranques ao Ceip San Vicente de A Baña. Alí fixemos unha pequena presentación explicando a orixe dos xenerais e a súa vestimenta. Logo centinela, correos e xenerais fixéronlle unha representación dos atranques. 

 

 

Eles tamén nos agasallaron cunha degustación de filloas á pedra, feitas pola asociación de Filloas á Pedra de A Baña e na que nós tamén colaboramos.



story | by Dr. Radut