Skip to Content

RESERVA PRAZA NO IES Nº 1

RESERVA DE PRAZA INSTITUTO ALUMNADO DE 6º EP | CEIP San Francisco Javier

 O próximo día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza no centro de adscrición (o IES Nº1) para o alumnado de 6º de primaria.

  • O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos. 

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Modelo solicitude

As familias de 6º de primaria poderedes cumprimentar as solicitudes de reserva a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado, no menú: Solicitudes > Reserva > Crear

Tamén podedes descargar o impreso de solicitude aquí (Anexo I. Reserva praza) ou pasar recollelo na Secretaría do centro.

Presentación solicitude

Esta solicitude deberase presentar no noso centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Para esta última opción precisades de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non.

 

Normativa de aplicación:

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.



story | by Dr. Radut