Skip to Content

SORTEO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Rifa - Iconos gratis de personas

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, realizaremos proximamente neste centro a renovación do consello escolar, que é o instrumento de participación de todos os sectores educativos na vida escolar.

A organización e supervisión do precedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, que se constituirá ao efecto e estará integrada por: a directora do centro, un profesor/a, un pai/nai e un representante do PAS; designados os tres últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes.

Dito SORTEO público será celebrado o vindeiro venres 28 de outubro ás 12:00 h na sala de profesorado do centro.

 



story | by Dr. Radut