Skip to Content

UN DÍA DE XOGO. INCHABLES E OUTRAS ACTIVIDADES NO CENTRO 20-12-18

Aproveitando casi a chegada do Nadal, o xoves día 20 de decembro, tivemos no colexio, a través da empresa encargada das actividades extraescolares do centro, 2 INCHABLES no ximnasio e outras actividades lúdicas para os nenos e nenas no patio do colexio. Picade nas fotos para ver máis.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2018

Un ano máis, levouse a cabo o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2018, onde houbo maravillosas creacións. As postais gañadoras do concurso foron as seguintes:

  • Ed. Infantil: Olalla Suárez Grille (5 anos)
  • Ed. Primaria 1º e 2º: Luzdivina Vasilev Arnaiz (1º)
  • Ed. Primaria 3º e 4º: Alba Lago García (4º)
  • Ed. Primaria 5º e 6º: Pablo González Martínez (6º)

Dos catro gañadores a postal que representou ao colexio nestas festas de Nadal foi a de Alba Lago García, que foi enviada a tódalas casas,institucións e demáis centros educativos da zona. Os agasallos forn entregados no comedor do colexio. Picade nas fotos para ver máis e na postal para ver outras postais.

FACE 2 FACE TEATRO EN INGLÉS. A PICOTA 14-12-18

Celebrouse, un ano máis, na Aula de Cultura da Picota, o Teatro en Inglés a cargo da compañía FACE 2 FACE o venres día 14 de decembro en horario de mañá, no que participamos xunto co colexio de Pino de Val. Mentres os pequenos participaban no teatro, os maiores vían unha película no Auditorio, e viceversa. A película que visionaron foi "ATRAPA LA BANDERA". Cada centro rematou de ver a película nos seus respectivos centros. Pica para ver as fotos.

CINEDOMEVR 360º NO COLEXIO

Tivemos a visita no centro dunha empresa que traía un iglú inchable no que se proxectou aos nenos, por grupos, películas moi interesantes relacionadas coa Ciencia, o Universo, o Sistema Solar, a Orixe da Vida, etc. que se chamaba CINEDOMEVR 360º. Como colofón, no patio do colexio, fixemos todos un OBRADOIRO DE ASTRONÁUTICA, lanzando cohetes ou simulando os nenos ser parte do Sistema Solar. Picade nas fotos.

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS E DO NENO 10-12-18

Celebramos O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS E DO NENO o luns día 10 de decembro, decorando unha árbore de Nadal titulada "O NOSO ADN", xa que este ano o noso Proxecto vai sobre A Ciencia. Cada neno elaborou na súa clase un ADN de cartón con dereitos escritos, que se foron traballando nas aulas. A verdade que quedou moi fermoso. Picade nas fotos para ver máis.

 

CAMPO A TRAVÉS. FASE COMARCAL EN A BAÑA 04-12-18

A Fase Comarcal de Campo a Través celebrouse no Circuito de A Baña o venres día 4 de decembro de 2018 ás 11 horas. Do noso centro participaron 15 alumnos/as de 2º a 6º de educación primaria. Damos a noraboa a todos eles, pola súa participación e animamos ao resto a participar de cara ao vindeiro curso. Destes 15 alumnos, clasificáronse para a Fase Intercomarcal que se celebrará o vindeiro venres día 25 de xaneiro de 2019 no Circuito "Virxe do Loreto" en Porto do Son,4 alumnos de diferentes categorías:

  • Soraya Lago Silva (2º E.P.-benxamín feminino).
  • Paula Barcia Blanco (5º E.P.-alevín feminino).
  • Jorge Otero Pita (5º E.P.-alevín masculino).
  • Paula Maneiro Bergantiños (6º E.P. infantil feminino)

Desexámoslles a mellor das sortes na carreira. Pica nas fotos para ver tódalas fotos de ese día. E pica AQUÍ para poder ver os vídeos que se gravaron ese día.

VISITA DE ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ 27-11-18

Visitóunos unha vez máis o noso padriño da Biblioteca D. ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ, que é a persoa perfecta para falar sobre o tema do noso Proxecto "A Ciencia". Foi un fantástico día o que pasamos na compaña de este gran amigo e mellor persoa. Comezamos o día cunha maravillosa entrevista que lle fixeron os nenos de 5º e 6º na nosa RADIO ROSIÑA, que a Ángel súpolle a pouco (estaría alí moitísimo máis tempo). Logo fomos para a Biblioteca con todo o alumnado e como sempre Ángel, deleitounos coas súas verbas, sobre ciencia e mil cousas máis. Xa rematado e cando os nenos ían xantar, tivemos un encontro cos pais/nais que se acercaron ata o colexio para poder presenciar unha charla de este magnífico xenetista. Eso, un día completiño!!!!!!! Grazas por todo Ángel. Ata a próxima. Pica nas fotos para ver máis.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 26-11-18

Para celebrar o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, preparamos unhas "PROBETAS CONTRA A VIOLENCIA". A ver se con este remedio, deixa de haber tanta maldade. Estas puxéronse nun panel no pasillo do colexio, e cada neno leu a mensaxe que nela puxeran. Pica nas fotos.

VISITA DE LUIS SOTO AMIL 15-11-18

Tivemos a gran sorte de contar unha vez máis no colexio coa presencia de ese gran frautista que é LUIS SOTO AMIL, o cal nos deleitou cunhas maravillosas pezas musicais, e fixo fincapé en cousas que relacionan a música e a ciencia, tema do Proxecto que estamos atraballar neste curso. Ademáis tivemos a sorte de que contestará a unha serie de cuestións na nosa RADIO ROSIÑA. Esperámoste ter de volta canto antes. grazas por todo. Pica nas fotos.

MINDFULNESS NA AULA. GRUPO DE TRABALLO 18-19

Un ano máis, e xa van tres, continuamos cun grupo de traballo sobre "MINDFULNESS NA AULA". Hai mestres que marcharon e outros que chegan novos, pero o Mindfulness permanece sempre da man do noso amigo JOAQUÍN CASTAÑO GUASCH. Continuamos así coas ensinanzas deste gran mestre do mindfulness, co fin de seguir levándoas á práctica día a día como vimos facendo dende hai xa algún tempo.

12-11-18 CUMPREANOS DO NOSO PADRIÑO DA BIBLIOTECA D. ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ

Hoxe día 12 de novembro de 2018, dende o C.E.I.P. Víctor Sáenz, queremos felicitar o cumpreanos ao noso padriño da Biblioteca D. ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ.

PROXECTO INTEGRADO DE CENTRO 18-19: "A CIENCIA"

Xa temos Proxecto Integrado de Centro para este curso 18-19, cartel e Lema. O Proxecto xirará entorno a "A CIENCIA", e o lema que se escolleu no centro por parte de nenos e mestres foi: "LE CON-CIENCIA". a TRABALLAR!!!!!! Tamén podedes visitar unha serie de sitios a través de GOOGLE SITES que están publicados no blogue da Biblioteca, que son moi interesantes.

12-11-18 O MAGOSTO. "SIRCÓPATAS" CIRCO NA RÚA, PARA A RÚA E POLA RÚA.

O luns día 12 de novembro celebramos, como é habitual no centro, O MAGOSTO. Ás 14:45 tivemos o espectáculo da compañía galega "AS SIRCÓPATAS" de teatro e circo de rúa presentando "ROGELIO UN PAIASO EN RECUPERACIÓN". Despois comimos as castañas no patio, que previamente se cociñaron no forno do comedor.

(Rogelio, leva recluido en casa 20 anos, e vai sair por primeira vez a facer o que máis lle gusta: a máxia e os malabares. Rogelio un paiaso aparentemente inociente, que se vai xogar a vida polo cariño do público. Todos necesitamos que nos querian e nos axuden, no fondo todos levamos un Rogelio dentro. Dicir o que se pensa, sen prexuicios, dende a inocencia, axúdalle a empatizar cos demáis).

09-11-18 EXCURSIÓN A SANTIAGO ALUMNADO DE PRIMARIA "O CREBANOCES" NO AUDITORIO

O alumnado de Educación Primaria desprazouse a Santiago o venres día 9 de novembro para realizar as seguintes actividades: de 11 a 12:15 viron "O CREBANOCES DE CHAIKOVSKI" cos RFG e a compañía de monicreques PER POC, no Auditorio de Galicia. E de 12:30 a 14 horas tiñamos prevista unha visita a A Fundación para ver a exposición "ALZHEIMER, CAMIÑO DA MEMORIA". Ao final, esta derradeira actividade non se poido levar a cabo debido ás inclemencias meteorolóxicas. Así que ao rematar no Auditorio, volveron para o colexio.

31-10-18 SAMAÍN

Celebramos o SAMAÍN no colexio o mércores día 31 de outubro en horario de maña. Pero xa dende o luns os nenos e as súas familias foron traendo para a exposición do CONCURSO DE CABAZAS 2018, verdadeiras maravillas da inxenería. A variedade nas cabazas foi fantástica e esperamos que continúe así por moitos cursos. Ao mesmo tempo celebramos o CONCURSO DE RELATOS DE MEDO, que os nenos foron metendo no buzón da nosa Rosiña. O propio día fixemos varios obradoiros no comedor do colexio. Comezamos cun OBRADOIRO DE MÚSICA dirixido pola mestra Susi. Sairon bailes e coreografías maravillosas!!!!!! Logo e antes do recreo fixemos o habitual OBRADOIRO DE PETISCOS, onde mestres e nenos fixeron verdadeiras obras de arte da gastronomía, que degustaron unha vez rematadas e antes de sair ao recreo. Non quedou nadiña!!!!!! E para rematar fixemos un OBRADOIRO DE MAQUILLAXE E PLÁSTICA. Medo me daban algunhas caras que andaban polo comedor!!!!! Despois de xantar, entregáronse os prenmios ás mellores cabazas e relatos de medo segundo o xurado (os nenos e os mestres). Para rematar o día, pola tarde visionouse nas diferentes aulas a película "COCO". Para ver todas as cabazas participantes picade AQUÍ.

Si queredes ver os Relatos de Medo gañadores, picade AQUÍ. E si queredes ver a entrega dos premios, picade AQUÍ. Para ver o resto das fotos dos diferentes obradoiros picade no nome e os todos os relatos de medo que entraron a concurso, picade AQUÍ.

Os gañadores do CONCURSO DE CABAZAS 2018 foron:

1º PREMIO para PAULA MANEIRO BERGANTIÑOS (6º)

2º PREMIO para UXÍA GRILLE SUÁREZ (1º)

3º PREMIO para jorge lema zamora (5º)

Os gañadores dos RELATOS DE MEDO 2018 foron:

INFANTIL co seu relato "A casa encantada"

SORAYA LAGO SILVA (2º) co seu relato "O científico malvado"

PAULA LÓPEZ SANCHIÑO (4º) co seu relato "O científico creador de monstruos"

Mª JOSÉ VILA GRILLE (6º) co seu relato "Vivirás?

PREMIO ESPECIAL PARA: ANXO CARREIRA ANTELO (1º) co seu relato "O home do saco"

 

30-10-18 NAVEGA CON RUMBO PARA OS ALUMNOS DE 5º E 6º

Tivemos a sorte de dar unhas charlas para os alumnos de 5º e 6º o martes día 30 de outubro en horario de 10 a 11 horas, co PROGRAMA NAVEGA CON RUMBO, sobre a seguridade de navegar por internet e os perigos que nos podemos atopar.

24-10-18 DÍA DAS BIBLIOTECAS. VISITA AO CENTRO DE XURXO SOUTO

O mércores día 24 de outubro celebrouse o "DÍA DAS BIBLIOTECAS" e tivemos a gran sorte que nos visitou XURSO SOUTO. Xantou con nós, entrevistárono os nenos e nenas de 5º e 6º na RADIO ROSIÑA e logo na Biblioteca do centro, deleitounos coa súa música e as súas historias case dando a volta ao mundo polo mar.  Para evr o que pasou ese día con máis detalle, déixovos o link do noso blogue da Biblioteca, onde tamén poderemos escoitar a entrevista que lle fixemos. Podedes ver as fotos na Radio Rosiña AQUÍ, e tamén as da Biblioteca AQUÍ.

"CONTOS DO RECREO" de Redrum Teatro. Aula de Cultura de Mazaricos 19-10-18

O venres día 19 de outubro ás 11 de mañá, asistimos todo o colexio para presenciar a obra do grupo REDRUM TEATRO, titulada "CONTOS DO RECREO", á Aula de Cultura do Concello de Mazaricos, en A Picota. Esta obra de teatro continúa a tratar o acoso escolar, tema este xa iniciado coa obra "A nena que quería navegar". A protagonista é Alicia, unha rapaza que goza facéndolle a vida imposible ás súas compañeiras, e que se verá inmersa nunha aventura que a cambiará para sempre.


BENVIDOS AO CURSO 2018-2019

                   

NOMEAN AO NOSO PADRIÑO, PRESIDENTE DA AIML 08-06-18

Estes día veñen de nomear ao padriño da nosa Biblioteca Escolar ÁNGEL CARRACEDO, PRESIDENTE DA ACADEMIA INTERNACIONAL DE MEDICINA LEGAL (AIML), durante o 24º Congreso que tivo lugar en Fukuoka (Xapón) o día 8 de xuño de 2018. Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e director da Fundación de Medicina Xenómica, Carracedo é un dos nomes máis destacados da ciencia en Galicia e un dos maiores expertos mundiais en xenética forense, do cal estamos super orgullosos. Dende o colexio de San Cosme enviámosche moitísimas felicitacións. NORABOA ÁNGEL!!!!!!

MARCHA CICLISTA NA PICOTA 01-06-18

O venres día 1 de xuño de 2018, fomos á Picota para participar nunha MARCHA CICLISTA entre os tres colexios de Mazaricos, organizada polos encargados de Deportes do Concello, que viñeron a buscar as bicis dos nenos para levalas nun remolque e ao rematar volver a traelas ao colexio. Así nos xuntamos na Picota nenos de San Cosme (Iker Freire, B. Capelo, Aroa, Martina, Xoel, B. Carreira, Samuel, Paula Barcia, Miguel, Jorge Lema, Jorge Otero, Joel, Nerea e Pablo) Pino de Val e Picota. A organización estivo moi ben, atendendo en todo momento calquer contratempo que tiñan os nenos, como cansancio, saida de cadeas das bicis, etc... A cada neno lles daban un chaleco reflectante da DGT (que ao remate quedaba para eles de agasallo). Así partimos para facer un percorrido aproximado de 10 kms. A marcha pasou por lugares realmente fermosos. Saímos da PICOTA sobre as 11 horas da mañá e nos diriximos a SANFOGA camiño de CORZÓN. Alí cruzamos a carretera que vai a PONTE OLVEIRA e seguimos por un camiño cara a COLÚNS. Atravesamos de Colúns cara A CHOUPANA e de alí cara á AREA RECREATIVA DA PONTENOVA, onde fixemos unha parada de 15 minutos, para darlles un tentempé aos nenos e nenas. Continuamos cara OUTEIRO DE BOIS camiño a ARGUEIRÓN, e de ahí hacia a PICARAÑA para rematar no colexio da PICOTA. Foi unha mañá maravillosa, que esperamos se repita para o ano que ven. Agradecer aos organizadores, Protección Civil e demáis persoal, que estiveron en todo momento pendentes dos nenos.

EXCURSIÓN Á CORUÑA 25-05-18: PORTO E CASTELO S. ANTÓN

O venres día 25 de maio de 2018 fomos todos de excursión á Coruña. Esta vez a visita era ao PORTO DA CORUÑA, onde tamén visitamos a Lonxa e nos deron unha pequena charla sobre a venda do peixe e de como se limpaba e incluso os nenos andiveron con algún deles nas súas mans coa gran sorte de que despois as limparon grazas a un operario da lonxa que activou a maquina de xeo para os peixes. Xa no bus fomos ata o Porto e sen baixarnos pudemos disfrutar dun trasatlántico enorme que estaba atracado, chamado "VENTURA". Despois fixemos unha visita guiada no CASTELO DE SAN ANTÓN, onde tamén visitamos o MUSEO ARQUEOLÓXICO E HISTÓRICO. Como o tempo non acompañaba moito decidimos ir a xantar, previa solicitude, ao FORUM METROPOLITANO, para logo regresar ao colexio. Para ver todas as fotos, pica AQUÍ.

MONICREQUES BAOBAB TEATRO "PUM, PUM" SANTA COMBA 22-05-18

O martes día 22 de maio de 2018 asistiron os alumnos de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria ao Auditorio do Edificio Multiusos de Santa Comba, en horario de 11:30 a 12:30, para ver un espectáculo de monicreques da Compañía BAOBAB TEATRO coa súa obra "PUM, PUM". É un espectáculo que fala de historias cotiás que lles pasan aos nenos destas idades, pero tamén fala dunha mensaxe moi clara: dende moi pequenos teñen que saber que ninguén pode obrigarlles a facer cousas que non queren facer.

FONDO SOLIDARIO, AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2018/2019

Eiquí poderedes ver toda a información relativa ao FONDO SOLIDARIO de libros de texto, AXUDAS para adquirir libros de texto e MATERIAL ESCOLAR durante o curso 2018-2019.

Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/2019 (Diario Oficial de Galicia do 21 de maio de 2018).


LOGO DA NOSA RADIO ROSIÑA

Xa podemos presumir da nosa radio. É "RADIO ROSIÑA" e ata temos logo, que poderedes ver nos enlaces dos podcast, que levarano incluído. Eiquí vos queda unha mostra de como vai a cousa.

              

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018. Mª VICTORIA MORENO 16-05-18

Ese mesmo mércores día 16 de maio tamén celebramos, xusto despois da construcción do maio, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018, adicado este ano a MARÍA VICTORIA MORENO. Para conmemorar este día fixemos unha Concurso de Ilustración (para educación infantil) e Literario (para educación primaria). Grazas a todos/as por participar un ano máis masivamente. Os galardoados foron os seguintes:

  • Educación Infantil: ALICIA ALVITE RAMOS
  • Premio Especial: ALEJANDRO VILLAR NEGREIRA
  • 1º e 2º: GUILLERMO TUBÍO GESTO
  • 3º e 4º: PAULA BARCIA BLANCO
  • 5º e 6º: IRIA BLANCO DEL RÍO

Para ver os traballos de tódolos participantes e tamén os gañadores, podedes picar AQUÍ, e verédelos no blogue da biblioteca.

CELEBRACIÓN DOS MAIOS 16-05-18

A tarde do mércores día 16 de maio e no patio sur, celebramos OS MAIOS, mediante a construcción dun maio con tódalas flores que trouxeron previamente os alumnos da casa para dar a benvida á primaveira. Quedou un maio fermosísimo, e ao rematalo cantamos coas guitarras e ukeleles dos nenos de 1º e 2º. Para ver as fotos, preme AQUÍ.

GALEATRO: "CONTOS NO FAIADO" 02-05-18

O mércores día 2 de maio, visitou o noso centro a compañía de teatro GALEATRO, coa súa obra "CONTOS NO FAIADO", como proposta á homenaxeada no Día das Letras galegas 2018 Mª VICTORIA MORENO. Levouse a cabo ás 12:20 horas na Biblioteca do centro. Descubrimos historias moi divertidas de Mª Victoria. Para ver as fotos de ese día, picade AQUÍ.

OS LIBROS DA TITIRITEIRA, A CARGO DE CELTIA FIGUEIRAS 24-04-18

O martes día 24 de abril visitou o noso centro a contacontos CELTIA FIGUEIRAS, que acercou aos nenos aos seus libros tan peculiares. Contou, despois do recreo e na biblioteca do centro, contos tales coma "O CARACOL SEN NOME", "AS CARAS FALADORAS" E UN DE "PIRATAS". Os nenos alucinaron vendo sair do interior dos libros tan increibles historias. Podedes ver máis fotos AQUÍ.

UNHA VISITA INESPERADA 24-04-18

O martes día 24 de abril, a primeira hora da mañá, vimos vir cara ao noso centro uns peregrinos moi especiais: Ginés e Yosu. Viñan de Santurce cara Santiago, cunha burra e un can. Nos xa os atopamos camiño a Fisterra e ao paso polo noso centro, decidimos sair todo o colexio a saudalos e facerlle unhas preguntas, coa gravadora da nosa Radio Rosiña. Os nenos alucinaron dándolle de comer á burra "Marina" e ao can "Komotú". Si ese era o curioso nome do can. Disfrutamos coas historias de estes dous peregrinos, que nos agasallaron cunha pequena parada camiño do seu destino. Para ver máis fotos, premede AQUÍ.

Distribuir contido


by Dr. Radut