Os nosos lectores tiveron esta semana unha nova reunión. Dividíronse en dous grupos os que leron Ziggy e os que leron Garrincha.
Os de Ziggy falaron de como remata a historia, de posibles finais alternativos, das súas personaxes favoritas e de como lles tería gustado que non desaparece Thomas. Reflexionaron de como Aine, ao igual de David Bowie, abriu a mente das persoas do seu arredor e de como empregaba a roupa como unha forma de expresar a súa arte e personalidade. Dito esto, puxéronse mans á obra e deseñaron outros posibles vestiarios do artista. Todo isto en inglés, claro!
![](/centros/ceipvicenteotero/system/files/u33/1675165410500.jpg)
![](/centros/ceipvicenteotero/system/files/u33/1675165410511.jpg)
![](/centros/ceipvicenteotero/system/files/u33/1675165410518.jpg)
![](/centros/ceipvicenteotero/system/files/u33/1675165410484.jpg)
O grupo de Garrincha estivo falando do esforzo, da amizade, dos sentimentos e de como empeza e remata a historia, de como Joao se sinte feliz e integrado ao final.
![](/centros/ceipvicenteotero/system/files/u33/1675165410560.jpg)