O día 24 de outubro é un día importante para nós, é o Día das Bibliotecas! Para conmemoralo fixemos varias actividades:
- Comezaron os APADRIÑAMENTOS LECTORES nos que participa todo o centro en días alternos e en diferentes espazos: na entrada e na biblioteca. Ademais temos varias modalidades, aulas apadriñadas entre si un a un ou nenos/as que baixan a ler aos máis pequenos/as.


- Entregamos AGASALLOS AOS MÁIS LECTORES:

- Dentro do noso PDI "COLE ANIMAL" estudamos as características da nosa masoota Pingüi.