Skip to Content

blog de patricia

Lectura e familias

TALLER SONIA HERMIDA de bibliosbardos Carral

Votamos a seguinte lectura do noso club

Un dos seguintes libros que imos ler foi escollido polas nenas e nenos participantes no club de lectura. Ofrecéronselle resumos de 5 libros e eles decidiron. 


E o escollido foi... VOLVERÁS, GOLFIÑO, da escritora Andrea Maceiras.

9ª sesión do club de lectura.

Desta volta intercambiamos as actividades de animación á lectura, os de Garrincha fixeron a ximcana e os de Ziggy crearon o seu alter ego. Velaquí unhas imaxes!

7ª e 8ª reunión do club de lectura

Nestas semanas as nenas e nenos de Faragullas de Papel cambiamos os libros. Os que leran Ziggy Stardust (Iria Misa)  leron agora O álbum de Garrincha (Beatriz Maceda) e viceversa.
Nestas sesións analizamos diferentes cuestións: as personaxes, a súa evolución na historia, posibles finais alternativos, que situacións vivimos ou coñecemos que se asemellan as historias que nos contan estes libros...


Ademais disto xurdiron interesantes debates. No caso de Ziggy Stardust falamos sobre identidade sexual, igualdade, ser un mesmo, achegámonos un pouco máis á transgresora figura e personalidade de David Bowie...


No caso do álbum de Garrincha falamos da situación das persoas que veñen doutro país, de cómo se sinte unha persoa cando chega nova a un sitio, da figura de Garrincha e o seu éxito a pesar da adversidade...



Observamos como partindo das mesmas lecturas, con outros grupos de nenas e nenos, xurdiron cuestións diferentes das que apareceran nas reunións previas sobre os mesmos textos. Está a ser, sen dúbida,  unha experiencia moi enriquecedora.

Exposición de fotos das nosas mascotas

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo de todas as fotos que nos enviástedes para colgar no mural da entrada. Grazas familias pola participación e por facer do cole un verdadeiro "Cole animal"!

Artigo da revista Arts Educa , nº29.

Fai aproximadamante 4 anos o alumnado que agora está en 5º de EP coa mestre Noe (que naquel entón facía as prácticas do Máster) levou a cabo un proxecto de investigación no colexio chamado Vila Imaxinaria 2030 que pretendía chegar ao alumnado ao patrimonio cultural, espazo, tempo e urbaniso utilizando a fotografía documental como ferramenta artística, metodolóxica e pedagóxica. Se queredes consultar o artigo da revista picade no documento adxunto. 

Obradoiros para unha instalación artística: "Animalario Imaxinario"

Dentro do PDI do centro "Cole Animal" e impulsado dende a biblioteca a profe Noe (de Audición e Linguaxe e con Máster en Innovación e Didácticas Específicas) está facendo obradoiros de arte con varias clases. Estes obradoiros están encamiñados a unha instalación artística final: "O Animalario Imaxinario". Para saber máis sobre este proxecto podedes consultar Paddlet que aparece despois das fotos.  Seguiremos mostrándovos como se vai desenvolvendo este fantástico traballo! 

Hecho con Padlet

Final do torneo de xadrez

Máxima expectación hoxe na biblio no recreo na final do torneo de xadrez do alumnado de 6º. Parabéns a Noa  por chegar á final e a Sebas por gañar o campionato. Grazas a todos e todas os participantes polo seu saber estar a súa implicación. Os trofeos están feitos no cole na nosa recién estrenada impresora 3D da aula de Polos Creativos. 

Distribuir contenido


by Dr. Radut