Skip to Content

7ª e 8ª reunión do club de lectura

Nestas semanas as nenas e nenos de Faragullas de Papel cambiamos os libros. Os que leran Ziggy Stardust (Iria Misa)  leron agora O álbum de Garrincha (Beatriz Maceda) e viceversa.
Nestas sesións analizamos diferentes cuestións: as personaxes, a súa evolución na historia, posibles finais alternativos, que situacións vivimos ou coñecemos que se asemellan as historias que nos contan estes libros...


Ademais disto xurdiron interesantes debates. No caso de Ziggy Stardust falamos sobre identidade sexual, igualdade, ser un mesmo, achegámonos un pouco máis á transgresora figura e personalidade de David Bowie...


No caso do álbum de Garrincha falamos da situación das persoas que veñen doutro país, de cómo se sinte unha persoa cando chega nova a un sitio, da figura de Garrincha e o seu éxito a pesar da adversidade...



Observamos como partindo das mesmas lecturas, con outros grupos de nenas e nenos, xurdiron cuestións diferentes das que apareceran nas reunións previas sobre os mesmos textos. Está a ser, sen dúbida,  unha experiencia moi enriquecedora.



blog | by Dr. Radut