Proxectos

Proxectos da Biblioteca

O MAR É SAUDABLE

Os nenos/as de primeiro coñecen o traballo dos mariñeiros a través do poema “ O meu barco” de Manuel María.

      

1º Educación Primaria

 

Os nenos/as de 2º Educación Primaria explícannos que os peixes son un recurso moi saudable do mar co poema “ O mar” de Manuel María.

 

2º Educación Primaria

A HORTA É SAUDABLE

En 3º de Educación Primaria móstrannos a importancia do toxo que antigamente se empregaba para abonar as terras, a través do poema “ As froliñas dos toxos “ de Noriega Varela.

3º Educación Primaria 

 

En 4º de Educación Primaria explícannos que os recursos da horta son moi saudables co poema “ Labrego” de Manuel María.

 

4º Educación Primaria

A AUGA É SAUDABLE

Os nenos/as de 5º de Educación Primaria  fan referencia a importancia da auga na nosa saúde, a través do libro Parece unha rosa, de Rosalía de Castro.

5ºA Educación Primaria 

 

Os nenos/as de 6º Educación Primaria explícannos a importancia da auga como un recurso saudable co poema “Como chove miudiño” de Rosalía de Castro.

 

6º Educación Primaria

SOMOS SAUDABLES!

Rematou a semana dos mandados, na que fixemos todo o q nos ordenou Mecosán.

          

Hoxe cumprimos o último mandado. Os nenos e nenas do CEIP de Sigüeiro somos os alimentos que configuran unha piramide alimenticia moi saudable: cereais, pan, froitas, verduras, peixes, doces... Que fartura!

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Entroido 2021

Día Escolar da non Violencia e da Paz

Con motivo da conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz, dende o centro creamos o noso propio barco con alimentos saudables para reflectir a importancia do traballo en equipo e de "remar xuntos" durante este curso no que non podemos estar tan xuntos como nos gustaría.

Esperamos que vos guste!

QUE BEN O PASAMOS CON MAMÁ CABRA!

Chegou o día! Pola nosa biblioteca pasou Gloria e Tomi "Mamá Cabra". Interpretaron temas do seu libro CD "A fraga do meu avó", ademais dalgún outro, como o tan coñecido "Glu glu glu plas plas plas navegando polo mar", do que nos contou que naceu nunha aula de Infantil do noso cole. Divertímonos un montón e soubemos que as fragas están cheas de vida e de moitas curiosidades. Falounos do peto, da pega marza, da píntega, das augas dos ríos ou das fontes, das prantas que curan... E para rematar agasallámolas cunha árbore autóctona para que levasen á súa fraga, unha faia. Queremos que medre moito e que cando a miren lembren ao CEIP de Sigüeiro. GRAZAS por visitarnos!

 

 

 

Mamá Cabra na nosa biblio

28/01/2020 15:07

Xa temos nova data para a visita de MAMÁ CABRA ao noso cole. Será o vindeiro martes 28 de xaneiro a partir das 17.00 h na biblioteca. Presentarán "A fraga do meu avó", un libro CD con contos, lendas e cancións relacionadas cos bosques e co noso proxecto documental integrado.

 

Visita dos bombeiros

Este martes e mércores, días 21 e 22 de xaneiro, visitaron o cole un grupo de bombeiros do Distrito Forestal de Ordes. Con eles puidemos ver o funcionamento de varios dos seus aparellos de traballo entre os que se atopaba o seu camión!

Tamén nos deron a coñecer moita información interesante sobre o coidado dos nosos montes.

 

  

 

PRESENTACIÓN DO LIBRO: OS NOSOS BOSQUES

Cada día imos coñecendo máis os nosos bosques, sobre todo os que temos máis preto. Grazas a este libro podemos identificar as árbores e animais que habitan nas nosas fragas, na devesa, na carballeira e no souto.

Todo se aprende mellor cunha exposición divertida e amena. Ademais aprendemos algo moi importante:

"Non se pode defender o que non se ama

e non se pode amar o que non se coñece"

 

CANCELACIÓN DO CONCERTO DE MAMÁ CABRA

NOVO AVISO:

Queda cancelado o concerto de Mamá Cabra na nosa biblioteca por indisposición dun  membro do grupo ata novo aviso. Disculpade polos trastornos que puideran ocasionar.