Novas

Resultado das Votacións para a Renovación do Consello Escolar

Rematada a xornada de votacións para a renovación do Consello Escolar e como consecuencia dos resultados obtidos incorpóranse a este órgano de goberno do noso centro:

POLAS FAMILIAS:
Juan Carlos Salgueiro Martínez

Leticia Adamuz Guerrero

POLO PROFESORADO
Andrés Otero Manteiga

Mª Isabel Fandiño López

Celia Moreno Trigo

POLO PERSOAL NON DOCENTE:
Mª Jesús Gestal Presedo

As persoas electas, en representación, das familias, do profesorado e do persoal non docente, incorporaranse ao consello escolar xunto coas persoas que permanecen e os representantes do Concello e da ANPA.

En nome de todo o centro, debemos agradecer, a participación e colaboración en todos os sectores, tanto ás persoas que viñestes votar, como ás persoas que vos ofrecestes a ser candidatas, como ás persoas que axudastes nas mesas electorais e na Xunta Electoral.

Eleccións ao Consello Escolar

27/11/2018 14:30

A votación para a elección de representantes dos pais/nais no Consello Escolar será o vindeiro 27 de novembro de 14:30 a 17:30 na Administración do centro.

As candidaturas presentadas son:

1. Mª Leticia Adamuz Guerrero

2. Ana Cristina Fernández Valiño

3. Juan Carlos Salgueiro Martínez

4. Soraya Quintana Segovia

Poden votar tanto o pai como a nai ou titores legais do alumnado (deberán acreditar a súa personalidade mediante a presentación do DNI ou calquera outro documento acreditativo).

De entre os nomes que figuran na papeleta deberán marcar un só. A partires das 17:30 terá lugar o reconto, do que sairán elixidos os dous representantes máis votados. Na Mesa Electoral estará a Directora e catro pais/nais elixidos en sorteo.

Animámolos a participar na elección dos seus representantes, é importante que todos os sectores que integran a comunidade escolar, estean representados.

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Aberto o procedemento de renovación parcial do Consello Escolar. Consulta a circular informativa sobre a elección de representantes de pais/nais de alumnos/as no seguinte enlace:

REUNIÓN INICIO DE CURSO 1º E 2º PRIMARIA

09/10/2018 17:00

martes 9 de outubro, ás 16:30, terá lugar no salón de actos do CEIP de Sigüeiro unha reunión informativa coas familias do alumnado que cursa 1º e 2º de E. Primaria. Agardámosvos.

REUNÓN INICIO DE CURSO 5º E 6º PRIMARIA

02/10/2018 16:30

martes 2 de outubro, ás 16:30, terá lugar no salón de actos do CEIP de Sigüeiro unha reunión informativa coas familias do alumnado que cursa 5º e 6º de E. Primaria. Agardámosvos.

REUNIÓN INFORMATIVA 5º DE PRIMARIA

26/09/2018 16:30

mércores 26 de setembro, ás 16:30, terá lugar unha reunión informativa coas familias do alumnado que cursa 5º de E. Primaria participante no programa E-Dixgal. Agardámosvos.

Presentación e Concerto de "Eu cociño, ti cociñas" na Feira do Libro de Compostela

03/05/2018 19:00
03/05/2018 20:00

O xoves 3 de maio, ás 19:00h, Gloria Mosquera (que fora mestra e directora no CEIP de Sigüeiro) estará co seu grupo Mamá Cabra presentando na Feira do Libro de Compostela, no parque da Alameda, o seu último traballo Eu cociño, ti cociñas. Este album está inspirado no proxecto impulsado polas mestras do noso cole María Salgado e Pilar Rivas sobre cociña e alimentación saudable coa colaboración do alumnado e das familias e que podedes seguir nesta web e no seu blog.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

27/02/2018 17:00

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: MARTES 27 DE FEBREIRO ÁS 17:00

PARA TODAS AS FAMILIAS INTERESADAS EN COÑECER O NOSO CENTRO ESCOLAR