Recomendámosche

EN GALEGO

Dende biblioteca recomendamos os seguintes libros...


A MELLOR VIAXE

Neste Día do Libro, dende a biblioteca recomendamos...

 

Día da Paz

A XENEROSIDADE

Dende a biblioteca recomendamos os seguintes libros para o Día da Paz.

   

  

  

 

Tempo de Nadal

Dende o equipo de Biblioteca recomendamos os seguintes libros para o Nadal.

Fai clic sobre as imaxes para ampliar.

CIENCIA, Á GALEGA

Aproveitando que estamos no mes da ciencia en galego nas bibliotecas, recomendamos os seguintes libros:

SAMAÍN 2020

CORRE CORRE, SAMAÍN

 

 

Letras Galegas 2020

Ola a tod@s, como xa sabedes estamos na semana das Letras Galegas, este ano adicadas a Ricardo Carballo Calero, unha semana moi especial no noso cole, este ano non vai ser posible celebralo xuntos, pero podemos facelo desde as nosas casas e para iso dende os equipos da Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega deixámosvos esta selección de recursos:

 - Vídeo vida e obra de Ricardo Carballo Calero.

- Preguntoiro Musical.

- Xogo letras.

- Escape Room Primaria.

- Primavera das Letras, recursos para traballar Ricardo Carvallo Calero.

- Materiais para as Letras Galegas.

Agora que xa coñecedes un pouco máis a vida e obra de Ricardo Carballo Calero propoñémosvos que escollades un poema, pode ser un da escolma de poemas ou calquera outro que saibades, recitádelo, gravádelo e enviádenolo ao correo de dinamización edlgsigueiro@gmail.com

Esperamos a vosas achegas. Ánimo.

 

Escolma de poemas

 

O meu cabalo piafa no curro do castelo.

O seu casco escrebe sobre o po,

sobre a area, sobre a auga, sobre a neve,

sobre o vento, poemas que eu transcrebo

en clave de lúa, en lingua de non.

Circulación da cadro do seu caracoleo.

Cadratura do círculo. O centauro arquitecto.

Cantigas de amigo e outros poemas

 

Non llo preguntarei, non, aos pardais

nin á cachorra, nin ao paporrubio

non llo preguntarei á lavandeira

que decote uns, outros de cando en cando,

ao meu terrazo acoden, comer

as miúdas migallas que lles boto.

Reticências

 

Durme, meniño, no teu berce;

durme, que os montes están cheos de neve.

Durme, meniño, no teu barrelo;

durme , que os montes están cheos de medo.

Durme, meu neno. Durme, que cando sexa primavera

ti choutarás polas floridas veigas

 

Cantos de berce ou arrolos. O fillo (Teatro)

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Dende os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega animámosvos a pasar estes días na casa vivindo aventuras, os libros poden ser esa porta ou xanela aberta ao exterior.

Cun libro pódese soñar, medrar, vivir.

Deixade voar a vosa imaxinación con estas recomendacións lectoras.

Picando nas seguintes ligazóns atoparedes moitos libros gratuítos para ler na rede.

Feliz Feroz, o lobo riquiño. (A partir de 6 anos).

- Fred Quincalla, o nómade do mar. (A partir de 8 anos).

- Vaia tropa. (A partir de 9 anos).

- Dragal IV. A estirpe do dragón. (Xuvenil)

- Outras lecturas da editorial XERAIS.

- Cinco títulos para ler dende a casa, da editorial ANAYA.

- Outras lecturas da editorial BRUÑO.

Presentación do libro: As mouteiras do Camiño Inglés en Oroso

O venres, tiña lugar no Centro Sociocultural Fernando de Casas e Novoa, a presentación do libro As mouteiras do Camiño Inglés en Oroso, escrito por Ana, Sabela e Antón, tres alumnos do noso centro. Tralo acto, agasallaríannos cun exemplar asinado do seu libro e compartirían unha rica merenda.

Parabéns polo voso traballo!

  

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Presentación do libro: As mouteiras do Camiño Inglés en Oroso

VALO LER

Cantas veces escollemos un libro porque alguén nolo recomendou?

Iso é o que pensamos na biblioteca! E quen mellor ca vós para facelo!

Así que, dende agora, ese libro que comezas a ler e non podes parar porque non es quen de deixalo, queremos que llo recomendes os teus compañeiros e compañeiras, para que, o igual ca ti, non poidan soltalo.

Podedes deixar no "Balo" que montamos na entrada da biblioteca un Post-it cos datos dese libro.


De seguro que Valo Ler!