Eleccións ao Consello Escolar

23/11/2021 14:30
23/11/2021 18:00

A votación para a elección de representantes dos pais/nais no Consello Escolar será o vindeiro 23 de novembro de 14:30 a 18:00 no salón de actos do centro. 
As candidaturas presentadas son:

  • Abad Villaverde, Beatriz
  • Duro Liste, Anabel
  • Ruza Pardal, Raquel
  • Suárez López, Manuel

De entre os nomes que figuran na papeleta deberán marcar un máximo de dous. A partires das 18:00 terá lugar o reconto, do que sairán elixidos os tres representantes máis votados, un deles para cubrir unha vacante. Na Mesa Electoral estará a Directora e catro pais/nais elixidos en sorteo.

Poden votar tanto o pai como a nai ou titores legais do alumnado (deberán acreditar a súa personalidade mediante a presentación do DNI ou calquera outro documento acreditativo).

Animámolos a participar na elección dos seus representantes, é importante que todos os sectores que integran a comunidade escolar, estean representados.