Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
martes Novembro 13, 2018
Start: 13/11/2018 21:10

Especialistas do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) achegaranse nos próximos días ao noso centro para impartir un curso de introdución ao pensamento computacional e á linguaxe de programación Scratch. Esta actividade, de carácter voluntario, está dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e terá unha duración de 10 horas repartidas en varias xornadas fóra do horario lectivo. Con ela preténdese que o alumnado adquira as habilidades que lle permitan incorporar a programación a aspectos como a creatividade ou a resolución de problemas. 

           

martes Novembro 27, 2018
Start: 27/11/2018 14:30

A votación para a elección de representantes dos pais/nais no Consello Escolar será o vindeiro 27 de novembro de 14:30 a 17:30 na Administración do centro.

As candidaturas presentadas son:

1. Mª Leticia Adamuz Guerrero

2. Ana Cristina Fernández Valiño

3. Juan Carlos Salgueiro Martínez

4. Soraya Quintana Segovia

Poden votar tanto o pai como a nai ou titores legais do alumnado (deberán acreditar a súa personalidade mediante a presentación do DNI ou calquera outro documento acreditativo).

De entre os nomes que figuran na papeleta deberán marcar un só. A partires das 17:30 terá lugar o reconto, do que sairán elixidos os dous representantes máis votados. Na Mesa Electoral estará a Directora e catro pais/nais elixidos en sorteo.

Animámolos a participar na elección dos seus representantes, é importante que todos os sectores que integran a comunidade escolar, estean representados.