Infantil
Poisson Rouge
Enviado por Administrador o Mér, 20/01/2010 - 13:32Novos xogos educativos para Infantil e 1º ciclo.
Na carpeta de ciclos, en infantil e primaria temos un novo acceso a unha páxina web con un montón de actividades educativas moi interesantes. Solo tedes que facer click no icono e xa bota a andar.
Os mais cativos poderán traballar conceptos e habilidades básicas nunha proposta global que atalla tódalas áreas: puzles, iniciación á lectoescritura, cálculo, conceptos básicos, música,debuxo, etc, etc.
Animádevos! Poisson Rouge é un mundo dinámico e atractivo que propón numerosas aventuras e para aprender xogando á vez que interactuamos dun xeito intuitivo cos ordenadores.