CONTACONTOS - "PEDRINA NA MONTAÑA" DE SORAYA LEMA CARBALLO
Enviado por Administrador o Mér, 11/12/2019 - 21:03
Hoxe visitounos Soraya Lema para falarnos dos Penedos de Pasarela en forma de conto: "Pedrina na Montaña".
Gracias Soraya pola túa actuación!
ÚNETE! - POR UN MUNDO MELLOR!
Enviado por Administrador o Mér, 11/12/2019 - 20:40
Hai unha campaña chamada ÚNETE que trata de 16 días de activismo para eliminar as desigualdades entre os homes e as mulleres.Comeza o 25 de novembro, que é o día Internacional contra a Violencia de Xénero e remata o 10 de decembro, día dos Dereitos Humanos.
As nenas e nenos de sexto, coa axuda dos profes, montamos un photocall que estaba cuberto de frases contra o machismo; e o 25N sacamos fotos cos accesorios que fixemos. Despois estivemos facendo unhas actividades para romper todos os estereotipos posibles e porque ninguén debe ser menosprezado, sexa home ou muller.
Como o lema da campaña é “♯pintaomundodelaranxa” decidimos facer un crebacabezas, onde cada peza era un cachiño de mundo. Fomos a todos os cursos a explicar de que trata a campaña, o que pasa no mundo, lémoslles contos e proxectamos anuncios para falar sobre o feminismo, o machismo e os dereitos humanos.
Cada día fomos engadindo unha peza do crebacabezas e un dereito, coloreada e escrito polo alumnado de cada clase. Unha peza e un dereito por aula. Finalmente, o día 10 de decembro, vimos o resultado, o mundo pintado de laranxa xuntando o mundo do home e o da muller.
A campaña ÚNETEé presidida polo secretario da ONU. Esta campaña quere cambiar o mundo e nós tamén queremos. Desde este colexio queremos chegar a todas as persoas do mundo para que nos axuden a cambialo.
Queremos un mundo con igualdades e sen violencia de xénero!
Os nenos/as debemos comprender estas cousas para non cometer todos estes erros no futuro.
(Texto do alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe San Vicenzo)
3 de Decembro - Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Enviado por Administrador o Mar, 03/12/2019 - 14:01
Dende a Biblioteca recomendamos algunhas lecturas para os nosos nenos/as co fin de fomentar a integración das persoas con discapacidade.
LECTURAS PARA OS MÁIS PEQUENOS NO MES DE NOVEMBRO
Enviado por Administrador o Mér, 27/11/2019 - 11:24
25 N - Non a Violencia de Xénero
Enviado por Administrador o Mar, 26/11/2019 - 13:43Dende a Biblioteca do CEIP Plurilingüe San Vicenzo tamén fomentamos a igualdade coas nosas lecturas.
Booktubers
Enviado por Administrador o Lun, 11/11/2019 - 22:57Os nenos e nenas de 3ºe 4º de Primaria iniciaron a actividade Booktubers e recomendaron varios libros. Queredes coñecelos?
SAMAÍN 2019/20
Enviado por Administrador o Lun, 11/11/2019 - 22:35- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- …
- seguinte ›
- última »