Saltar navegación.
Inicio

A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES- 25 DE NOVEMBRO "NON A VIOLENCIA DE XÉNERO"- ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA

O alumnado de 4º de primaria traballou " A Historia dos Bonobos con Lentes" para conmemorar o día do 25 DE NOVEMBRO, no seguinte vídeo podedes ver o resultado do seu estupendo traballo:

20 DE NOVEMBRO O DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA- ALUMANDO 1º B

O alumnado de 1º B tamén conmemorou o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA, aquí tedes unha pequena mostra:

 

 

MURAL UNIVERSAL DÍA DA INFANCIA

O día 20 de Novembro conmemoramos o Día Mundial da Infancia, aquí unha pequena mostra da aportación de cada aula para o noso mural:

 

20 DE NOVEMBRO-DEREITOS DA INFANCIA

O alumnado de 1º A traballou así os Dereitos da Infancia para conmemorar o 20 de Novembro:

(prema na imaxe)

LECTURAS CON VALORES 1º DE PRIMARIA

O alumnado de 1º de primaria animouse a explicar as lecturas con valores dos contiños que máis lles gustaron, velaquí a primeira mostra no seguinte vídeo:

(Preme na imaxe)

 

 

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE EP, ESO E EE.

No arquivo adxunto podedes ver as instrucións para presentar solicitudes para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial.

Aberto o prazo de presentación de solicitudes (do 16 ao 27 de novembro).

Alumnado exento de presentar solicitudes: todos aqueles alumnos e alumnas que xa tiveron neste curso cheque de material escolar. (Prema aquí)

MAGOSTO E SAMAÍN 2020 NO SAN VICENZO DE VIMIANZO

Hai anos, o 1 de novembro, tras a noite de Samaín, as avoas e nais cosían colares ou pulseiras de zonchos para os máis pequenos da casa.

Algúns historiadores afirman que se facían coa crenza de que cada castaña comida era un alma salvada e outros opinan que se facían como amuleto para protexer aos nenos dos malos espíritos.

Este ano rescatamos esta vella tradición para que non quede no esquecemento e para ter unha boa oportunidade para comer un puñado de saborosas castañas. Para ver o resultado accede o seguinte vídeo:

EDLG

 

 

Plan de Adaptación á situación COVID 19 no curso 2021-2022

O Plan de Adaptación á Situación COVID 19 é un documento vivo que se vai adaptando aos cambios e propostas novas que saen nos PROTOCOLOS DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA, elaborados pola Xunta de Galicia. Debido a isto calquera norma ou medida recollida no Plan de Adaptación pode ser obxecto de cambio, na medida en que no lo esixa a lexislación vixente. 

 

 

 

 

HORARIO DE ENTRADA, SAÍDA E PORTAS ESTABLECIDAS PARA CADA GRUPO NO CURSO 2020/21

Entrando neste documento  poden ver o cadro explicativo cos horarios de entrada, saída e portas establecidas para cada curso. Así mesmo recórdase ás familias que no documento do PLAN DE ACOLLIDA colgado na publicación anterior (baixar na páxina) poden atopar toda a información relativa a estes aspectos así como ás normas establcidas no centro para este curso (recoméndase a súa lectura).

Distribuir contido