Saltar navegación.
Inicio

DÍA DA PAZ: "DEIXEMOS EN PAZ AO PLANETA"

 

No San Vicenzo este ano celebramos o Día da Paz baixo o lema "Deixemos en Paz ao Planeta", co fin de continuar fomentando o respeto e coidado polo noso planeta, proxecto de centro que estamos levando a cabo durante este curso.

Alumnos voluntarios e mestres colaboraron en facer o noso mural para a paz. Ademais os nenos/as de 5º de primaria foron os encargados de facer o manifesto que, no Día da Paz, expuxeron para todo o colexio:

 


O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA, HAI QUE TER CONCIENCIA


Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o día da paz e non violencia en todo o mundo. É por iso, que dende o CEIP San Vicenzo, queremos recordar a importancia de respectar as persoas e aceptalas tal e como son, sen discriminar polo seu sexo, raza, relixión, condición sexual, ideoloxía ou nivel económico.
Temos que recordar que a paz, non só é a celebración de un día, senón que debe ser todos os días, xa que é moi importante para ter unha boa convivencia con todas as persoas que nos rodean.
Cabe destacar, que na actualidade, tristemente estamos vendo moitas noticias sobre a violencia doméstica, o cal é un problema bastante grave, e que debemos concienciarnos para erradicar este comportamento que nos leva a un gran malestar social. Para isto, nós, os rapaces e rapazas, que vamos ser a xeración futura, debemos prestar atención e tomar exemplo da educación en valores que nos intentan transmitir toda a comunidade educativa, incluída as nosas familias.
No día da paz, non podemos esquecernos do maltrato animal, xa que a paz debe ser para todos os seres vivos do planeta. Os animais merecen un bo trato, amor e cariño, xa que eles nos aportan todo iso sen pedir nada a cambio. E por suposto, que sexan libres e vivan no seu hábitat natural e que non estean encerrados en gaiolas.
Non podemos rematar sen falar do noso planeta, que está sufrindo cada día máis, pola culpa dos seres humanos irresponsables que a contaminan sen pensar que non temos outro planeta donde  vivir, e se non coidamos o que temos, a nosa vida na Terra será en peores condicións.
Con todo isto, desexamos que este día da Paz e non violencia, sirva para concienciarnos e mellorar o noso comportamento, xa  que coa axuda de todos, podemos vivir nun mundo mellor, sen guerras, pobreza, contaminación,...


Para finalizar, con un pareado querémosvos agasallar:
Para a paz alcanzar, a violencia debe acabar!!

 

Todo o centro aprendeu a canción " Pequeño planeta" como lema para este ano. Con ela cantamos e gravamos un vídeo representativo que podedes ver a continuación:


Pasámolo xenial!