Admisión de novo alumnado para o curso 2018/2019
Do 1 ao 20 de marzo ábrese o prazo de solicitude de admisión de novos alumnos no CEIP Plurilingüe San Vicenzo para o curso 2018/2019.
A solicitude (procedemento ED550B), pódese recoller no centro educativo; cumprimentar e imprimir o anexo II , na aplicación admisionalumnado ou cumprimentar a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Acompañando á solicitude temos que presentar a seguinte documentación:
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da familia se no formulario de solicitude denega a súa consulta.
- Copia do documento acreditativo da idade do alumno (DNI, Libro de familia, Certificado de nacemento...)
- Se un alumno cambia de centro debe presentar un certificado de matrícula do centro no que estea matriculado no curso 2017/2018 ou un documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa.
- Copia do convenio regulador ou disposición xudicial de separación ou divorcio, se fose o caso.
A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
Nos demais casos, requírese a sinatura dos dous titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.
Unha vez presentadas as solicitudes determinarase se hai ou non máis solicitudes que prazas vacantes. En caso afirmativo, abrirase o prazo para presentar documentación xustificativa dos datos do baremo (10 días hábiles a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo da solicitude).
Lexislación do procedemento de admisión:
Prazas vacantes para o curso 2018/2019
Educación Infantil | Educación Primaria | ||
4º Educación Infantil | 25* | 1º Primaria | 1** |
5º Educación Infantil | 2 | 2º Primaria | 1 |
6º Educación Infantil | 6 | 3º Primaria | 4 |
|
| 4º Primaria | 2 |
|
| 5º Primaria | 25 |
|
| 6º Primaria | 24 |
* Reservaranse 3 prazas para atender a escolarización de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
** Reservarase 1 praza para atender a escolarización de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.