Saltar navegación.
Inicio

Plantando a nosa horta

Xa chegou a primavera e queriamos plantar a nosa horta, pero a chuvia non nos deixaba. Sabedes como é aquilo... en abril augas mil, e parece verdade. Tíñamos as plantas compradas, e o venres pasado a chuvia por fin nos deixou saír un momento para abonar, e o martes animámonos a plantar.

Participamos todas as nenas e nenos de infantil. As clases de 3 e 5 anos puxeron leitugas, cebolas e acelgas, a nós tocounos plantar fresas e porros. Ademais as profes puxeron tomates, tulipáns, gladiolos e xacintos. 

Esperemos que vaian arriba e a colleita sexa boa.