Saltar navegación.
Inicio

CAMPIONATO COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS 2014

Na mañá do pasado venres 5 de decembro, celebrouse no Estadio Municipal de San Paio Refoxo (Cee), o campionato comarcal de campo a través.Cunha climatoloxía excelente para a práctica do atletismo, foron 61 os/as representantes do Ceip San Vicenzo que participaron na proba, dende a categoría benxamín ata a infantil.Todos/as o fixeron moi ben, cada un dentro das súas posibilidades, destacando os/as alumnos/as que conseguiron medalla.Así, na categoría benxamín masculino, Ousmane Sarr acadou o subcampionato namentres que Alonso de Vicente Martínez chegou á meta no 9º posto.Na categoría alevín feminino, María Villaverde Ameijeiras acadou o campionato, Lucía Roget Blanco conseguíu a 4ª posición eNerea Blanco Rial chegou á meta no 8º posto. Ademais, temos que destacar que o equipo Alevín Feminino conseguíu o subcampionato. 
Os resultados máis destacados por categorías foron os seguintes: 
 
BENXAMÍN FEMININO                                                            
Carmen Lópèz Pose : 21ª
Paula Andújar Paz: 26ª
Carla Soto Andrade: 30ª
Uxía Alborés Canosa: 31ª

 
BENXAMÍN MASCULINO
Ousmane Sarr : 2º
Alonso de Vicente Martínez : 9º
Julián Blanco Andrade: 28º
Fabio Riveiro Oreiro: 33º
 
ALEVÍN FEMININO
María Villaverde Ameijeiras : 1ª
Lucía Roget Blanco: 4ª
Nerea Blanco Rial: 8ª
Natalia Torres Trillo: 22ª
 
ALEVÍN MASCULINO
Victor Canosa González: 11º
Brais Santos Barreira: 16º
Samuel Rodríguez Regueira: 22º
Hugo Santos Pérez: 38º
 
INFANTIL FEMININO
Nerea Plaza Fernández: 48ª
 
INFANTIL MASCULINO
Diego Romero Aguiar: 17º
Francisco Infesta Gándara: 27º
Álvaro Quintáns García: 55º
David Villaverde Ameijeiras: 56º

Tendo en conta que para o campionato intercomarcal se clasifican os/as 8 primeiros clasificados de cada categoría e os 2 primeiros equipos, o Ceip San Vicenzo estará representado no intercomarcal por: 

  • Ousmane Sarr e Alonso de Vicente Martínez na categoría benxamín masculino.
  • María Villaverde Ameijeiras, Lucía Roget Blanco, Nerea Blanco Rial e Natalia Torres Trillo na categoría alevín feminino.
 
Dende aquí queremos felicitar a tódolos/as participantes polo ben que o fixeron,especialmente a aqueles que acadaron medalla e a clasificación para a seguinte fase, e esperamos que o vindeiro ano sexan máis os/as alumnos/as que se animen a participar nesta actividade, nal cal ademais de disfrutar practicando exercicio físico tamén se acadan outros obxectivos como superarse a sí mesmos/as en base ás súas posibilidades ou coñecer e relacionarse con nenos/as doutros colexios, o que fai desta actividade unha experiencia moi enriquecedora para todos/as.E RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN O MÁIS IMPORTANTE É DIVERTIRSE REALIZANDO ACTIVIDADE FÍSICA XUNTO AOS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.

 

 

A tope co deporte