Skip to Content

Blogues

Os mandatos de LarapetoMeco

Comeza o ENTROIDO!

O Larapetomeco mándanos uns retos que temos que seguir para obter as pistas que nos leven a coñecer o personaxe que se oculta tras elas. Tedes que facerlle caso e acadar os seus mandatos.

Aquí tedes o primeiro:

 

 

 Sorte!

Comezamos o proxecto Stop Accidentes!

O día 19 comezamos o día coa visita dos nosos amigos de “Stop accidentes”, que nos deron unha charla aos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria na que debatemos a seguridade e accesibilidade á hora de acceder ao noso cole. Ademais da charla, tamén estivemos con eles no aparcadoiro onde nos deixan e nos recollen os autobuses cada día, medindo para logo facer un proxecto de mellora de acceso ao colexio. Grazas por ensinarnos tantas cousas sobre a seguridade. Aprendemos moitas cousas con vos!

Coñecendo un novo oficio!

Hoxe visitounos a nai de Román (6º de Educación Infantil) para contarnos como era o seu traballo. Ensinounos distintos tipos de peixes, como limpalos e algunhas outras curiosidades. Canto cousas aprendemos contigo Carina, moitas grazas!

O Día do amor e da amizade!

Onte, xoves 14 de febreiro, celebramos no colexio o día de “San Valentín” con diversas actividades . Por unha parte ,os alumnos de 5º e 6º realizaron para a Cooperativa EVEX un mercado gastronómico  “ Batidos de amor” ,no que se degustaron produtos realizados por eles mesmos (paté con produtos do mar, biscoitos variados, madalenas, galletas, bombóns,filloas... e batidos de froitas frescas), todo a prezos moi   asequibles  Organizaron os postos de venda, fixeron o catálogo, colocaron etiquetas e venderon os produtos  , e todo o cole deu boa conta de tan deliciosos e caseiros manxares.

Para este día , os máis pequenos de Educación Infantil, xunto con terceiro e cuarto de EP fixeron “ O faro dos namorados”, mural onde colocaron uns corazóns de cartolina nos que escribiron mensaxes de amor. E para rematar cantaron unha canción  sobre o amor.

Na entrada da Biblioteca colocouse para este día tan especial o “buzón do amor” no que o alumnado podía deixar a súa misiva para quen quixera, anotando o nome do destinatario e o curso.

Para o remate das actividades anteriores , os alumnos de 6º fixeron entrega das cartas aos destinatarios , dando por finalizada unha xornada inesquecible para todos.Por último, queremos amosar o noso agradecemento ás familias, a todo o alumnado participante e ao profesorado pola súa colaboración  e implicación para que todo saíra tan ben . Grazas a todos/as.

 

 Aquí tedes inmortalizados distintos momentos do día.

     

 

 

 

 

FELIZ DÍA DO AMOR E DA AMIZADE!!!!!!Beso

Visita a Clesa!!

Onte os alumn@s e profes de 5º e 6º fomos de visita á fábrica de Clesa en Caldas.  Ao chegar, o primeiro que vimos foron uns inmensos tanques onde se gardaba o leite. Tamén nos explicaron  que Clesa é unha cooperativa ao igual que EVEX.

A continuación, entramos no recinto e vimos o proceso de fabricación dos iogures que tanto nos gustan. Os guías da fábrica eran un escritor e un ilustrador, este último fíxonos uns debuxos e ensinounos a facer unha vaca seguindo uns pasos moi sinxelos. Xa veredes que ben nos saíron a todos estas vaquiñas.

Por último, degustamos uns riquísimos iogures de chocolate dos que puidemos mesmo repetir e agasalláronos cun  libro e máis un lote de iogures con sabor a fresa. Encantounos a experiencia, esperamos que o resto do cole o pase igual de ben!

Carta con sabor a Bueu!

Onte veu o carteiro a Xeve cunha entrega moi especial!!!! Os nen@s de cuarto de educación primaria recibiron unha carta dos alumn@s  de 3ºB do CEIP A Pedra de Bueu. Nela describíronlle como era o seu cole. Ademais disto, contáronlles a súa excursión a Vigo onde  subiron a un submarino! Encantoulles todo e sobre todo a carta da súa profe do ano pasado, Bea!!

Olga Cuervo visita a biblioteca Larapeto!

O día 7 de febreiro, o alumnado de Educación Infantil recibiu a visita da contacontos Olga Cuervo na biblioteca do colexio por cortesía da editorial SM. Olga encheu de personaxes e maxia este espazo do centro e achegou ao alumnado ó mundo marabilloso dos contos. Mirade que ben o pasaron e que atentos estiveron!

 

 

"Burbujas de Papel"

O día 5 de febreiro os nen@s de Educación Infantil foron o teatro AFundación de Pontevedra a ver a obra musical "Burbujas de Papel". Os nenos desfrutaron moito coas pezas musicais e pasaron un rato entretido coa compaña das mestras Sandra, Alba e Luisa. Aquí tedes unha pequena mostra:


Discográfica "La Paz".

Os alumn@s de 4º de Educación Primaria, na materia de talleres divertidos, compuxeron uns discos mois especiais para celebrar o Día escolar da non violencia e da Paz. Estes discos presentan 10 cancións vinculadas coa amizade, o amor,  a armonía, o respeto,  a convivencia, a inclusión,  a diversidade, a emoción... A Larapeto gustaronlle tanto os discos que xa está aforrando para compralos. OLLO CON ESTES FUTUROS ARTISTAS!!!!

Navegando a toda máquina cara a PAZ!

O 30 de Xaneiro, celebramos o Día da non violencia escolar e da Paz no cole. Nos días anteriores construímos un mural onde cada neno pegou o seu barquiño de papel, con palabras e frases relacionadas coa Paz.

Ese día xuntámonos para celebralo. Os alumnos/as de Infantil recitaron o poema "Branca Paloma" e despois cantamos e bailamos todos xuntos a canción "Viva a Xente".

Aquí vos deixo un vídeo con estes barquiños que navegan a toda máquina cara a paz mundial.



Distribuir contido


by Dr. Radut