Skip to Content

PDC (Centros activos e saudables)

XORNADA INTERCENTROS DE MULTIXOGO 2º PRIMARIA CEIP AMOR RUIBAL.

O xoves 2 de maio o alumnado de 2º de primaria desplazouse ata o CEIP Amor Ruibal de Barro para compartir cos nenos e nenas deste centro dunha xornada de multixogos cooperativos.
Fixeron equipos mixtos dos dous centros e xogaron a “Pelar cebolas”, “Sacar o rabo”, “Cruzar a ponte”, “Meterse no aro” e “Remudas con colchoneta”.
O Pasarón realmente ben.

Álbum: Curso 23-24 -> Xornada Intercentros de Multixogos no CEIP Amor Ruibal con 2º de primaria.

SALVAMENTO ACUÁTICO 6º DE E. PRIMARIA. SESIÓN 1 E 2.

O 30 de abril recibimos no centro a David Bemposta, primeiro entrenador do Club de Salvamento Acuático Pontevedra (SAPO) para impartir a primeiras sesión desta modalidade deportiva ao alumnado de 6º de educación primaria.
Esta sesión serviu de preparación para unha vindeira na piscina de Campolongo.

Sesión 2: O luns 6 de maio o alumnado de de 6º de primaria desplazouse ata as Piscinas Municipais de Campolongo para a segunda sesión de Salvamento Acuático. 

Fixeron diversas probas co material de adestramento desta modalidade deportiva e tiveron o se primeiro contacto con él no medio acuático.

 

NATACIÓN 5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

O xoves 25 de abril o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil desplazouse ata a Piscina Rias do Sur, en Pontemuiños para participar nunha sesión de iniciación á natación da man do Club Galaico Sincro.
Aprenderon a familiarizarse co medio acuático, a flotar e a desplazarse pola auga.
Algúns incluso se atreveron a mergullarse dendê o borde da piscina.
Pasárono moi ben e gustoulles moito.

Álbum: Curso 23-24 -> Natación 5º e 6º de infantil

CLASE DE TENIS DE MESA CON EL CLUB DE MONTE PORREIRO. 4º E.PRIMARIA

Judith Cobas e Cristofer Santiago, membros do Club Tenis de Mesa Monte Porreiro achegáronse o xoves 25 de abril ao noso centro para impartir unha clase de iniciación desta modalidade deportiva ao alumnado de 4º de educación primaria.
Unha sorte poder ter esta experiência con estes campións !!
A sesión serviu de preparación para unha próxima visita o seu centro de adestramento no Príncipe Felipe.

 

XORNADA INTERCENTROS NO MULTIUSOS DA XUNQUEIRA. 3º E 4º E. PRIMARIA.

O martes 23 de abril o alumnado de 3º e 4º de primaria achegouse ao Pavillón Multiusos de A Xunqueira en Pontevedra para participar nunha xornada Intercentros.
Xunto co alumnado dos outros colexios da contorna practicaron rugby cinta, balonmán, baile, xogos tradicionais e RCP (reanimación cardiopulmonar).
Contamos coa colaboración do S.D. Teucro, a Escola de Enfermería, o Pontevedra Rugby Club, a escola de baile PonteBaile de Adrián Esperón, o alumnado do Grao Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva (TSEAS), Supermercados Froiz e o Servizo Provincial de Deportes.

 

PIRAGÜISMO DRAGÓNS 6º EP NO PONTILLÓN DO CASTRO.

O 18 de abril o alumnado de 6º de primaria achegouse ao encoro dó Pontillón do Castro, en Verducido para ter unha xornada de piragüismo na modalidade de Dragóns    Foi impartida por mestres da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, dentro do programa de colaboración do Servizo Provincial de Deportes co CFR de Pontevedra.

Álbum: Curso 23-24 -> Piragüismo Dragóns 6º no Pontillón do Castro

TENIS NO CLUB DE TENIS PONTEVEDRA. 3º E 4º E. PRIMARIA.

O martes 16 de abril tiveron unha xornada de iniciación ao tenis nas instalacións do Club de Tenis Pontevedra o alumnado de 3º e 4º de educación primaria.
Compartiron esta clase cos colexios de Cabanas, Parada Campañó, Froebel e Isidora Riestra.
Practicaron os golpes básicos de dereita e de revés, fixeron xogos e o pasaron moi ben.

Álbum: Curso 23-24 -> Tenis no Club de tenis Pontevedra 3º e 4º

SESIÓN DE ESGRIMA 3º E 4º E.P.

O mércores 28 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de primaria achegouse a modalidade olímpica de Esgrima da man dé Adrián mestre desta disciplina deportiva do Club Escola Hungaresa de Esgrima Pontevedra.
Practicaron as posicións básicas, a garda e diversos xogos. Estivo moi ben.

Álbum: Curso 23-24 -> Sesión de Esgrima 3º e 4º

XORNADAS ESCOLARES XADREZ

Este mes de febreiro o adicamos nos recreos a fomentar a práctica do Xadrez.
 Temos diversos taboleiros nos recunchos dos correderos do colexio, e algúns libros expostos na zona da Biblioteca.
Ademáis o martes 20 o alumnado de 3º e 4º de primaria tivo a sorte de ter unha clase con Miguel, mestre da Escola Xadrez Pontevedra, na que lles ensinou os movementos de cada unha das pezas e lles mostrou páxinas web para practicar.

Álbum: Curso 23-24 -> Xornadas Xadrez

XORNADAS DEPORTIVAS ESCOLARES 5º.

O mércores 21 de febreiro xuntámonos os coles de Xeve, Cabanas, Froebel, Isidora Riestra, Amor Ruíbal, SanJosé, Xunqueira I, Campañó e Villaverde co alumnado de 5º de educación primaria para unha xornada deportiva na alameda, Xardíns das Palmeiras e avenida de Montero Ríos en Pontevedra. 
Practicamos Loita Olímpica, Baile Moderno, Xogos Tradicionais e Carreira dé Orientación. 
Ademáis coñecimos como é un equipo de ciclismo da man do equipo ciclista SúperFroiz e aprendimos a facer a RCP (reanimación cardio pulmonar), a maniobra de Heimlich é que é un DESA da man da Escola de Enfermería de Pontevedra. 
Colaboraron na organizacio o alumnado de TSEAS (Técnico Superior en Enseñanza y Animación Sociodeportivade Pontevedra. 
Álbum: Curso 23-24 -> Xornadas Deportivas Escolares 5º
Distribuir contido


by Dr. Radut