Skip to Content

Ponteciencia

PONTENCIENCIA 2024

O pasado venres 3 de maio o alumnado de 6º de E.P. participou na feira de Pontenciencia onde presentaron a súa investigación "A guerra química das plantas exóticas invasoras". Despois de meses de traballo e investigación chegaron ó momento de poñer en escena e expoñer todo o descuberto. Así durante dous días de feira científica compartiron con moito público dita investigación. Tamén tiveron a oportunidade de achegarse á ciencia, á tecnoloxía e  á investigación que se promove dende a Facultade de Vigo a través de varios talleres.

Noraboa ó noso alumnado por seguir medrando, aprendendo e ensinando!

Álbum: Curso 23-24 -> Pontenciencia

PONTENCIENCIA 2024

Un ano máis o alumnado do cole participou, tras meses de investigación, no Pontenciencia 2024. Este ano a investigación sobre "A guerra química das plantas exóticas e invasoras" levounos a coñecer moito sobre as plantas autóctonas e as invasoras. Por último, deleitaron a moito público coa súa exposición deixando ver todo o que investigaran e aprenderan.

Tivemos a sorte de poder desfrutar todos e todas dos distintos obradoiros de ciencia que nos que conseguiron achegar á cultura científica, tecnolóxica e da innovación que se pretende celebrar con esta Feira da miniciencia.

Álbum: Curso 23-24 -> Pontenciencia
Distribuir contido


by Dr. Radut