Skip to Content

Contratos programa

ATLETISMO EN PISTA 3º E 4º E.P.

O 4 de abril o alumnado de 3º e 4º de primaria achegouse ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) para participar dunha xornada de Atletismo en Pista xunto con outros centros da contorna.
Participaron en 60 metros lisos, lanzamento de peso e wortex, salto de lonxitude, 500 metros lisos e remudas acadando o primeiro posto no conxunto de todas as probas.

Álbum: Curso 23-24 -> Atletismo en pista 3º e 4º E.P.

CARREIRA DE ORIENTACIÓN NA ILLA DAS ESCULTURAS 6ºEP. PROGRAMA XOGADE

O martes 19 de marzo o alumnado de 6º de primaria participou nunha carreira de orientación xunto con outros centros da contorna dentro do Deporte Escolar do programa Xogade.
Fixeron o recorrido en parellas  na Illa das Esculturas, ao carón do rio Lérez, na Xunqueira en Pontevedra.
Gustoulles moito a experiencia.

Álbum: Curso 23-24 -> Carreira de Orientación

XORNADA INTERCENTROS 3º E 4º DE PRIMARIA NO PAVILLÓN MUNICIPAL.

O martes 19 de marzo o alumnado de 3º e 4º de primaria participou nunha Xornada deportiva Intercentros no Pavillón Municipal de Pontevedra.
Practicaron rugby cinta, judo, esgrima e xadrez.
Contamos coa colaboración do Judo Club Pontevedra, o Pontevedra Rugby Club, co Club Escola Hungaresa de Esgrima, a Escola Xadrez Pontevedra, o alumnado da Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra e o alumnado de Técnico Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva (TSEAS) de Pontevedra.
Tamén colaborou o Servizo de Deportes, o Concello de Pontevedra e Supermercados FROIZ.
Moitas grazas a todos.
Foi estupendo.

Álbum: Curso 23-24 -> Xornada Intercentros 6

SESIÓN DE RUGBY CINTA 3º-4ºEP

Hoxe luns 18 de marzo viñeron ao noso centro tres membros do Pontevedra Rugby Club para impartir unha sesión de Rugby Cinta ao alumnado de 3º e 4º de primaria.
Foi un achegamento a esta modalidade deportiva especialmente diseñada para introducir aos nenos e nenas no deporte do Rugby.
Estuvo moi ben e serviu para preparar a Xornada Intercentros de mañá no Pavillón Municipal.

Álbum: Curso 23-24 -> Sesion Rugby cinta 3º-4ºEP

SESIÓN DE JUDO CON 3º E 4º DE PRIMARIA

O pasado xoves 14 de marzo recibimos a visita de Alberto Guimeráns, mestre judoca do JUDO Club Campolongo.
Impartía unha sesión de xogos para iniciar ao alumnado de 3º e 4º de primaria nesta modalidade olímpica de orixe xaponés.
Foi unha preparación para a Xornada Intercentros do 19 de marzo a celebrar no Pavillón Municipal onde practicarán, entre outros deportes o Judo.
Grazas Alberto.

Álbum: Curso 23-24 -> Sesión de Judo con 3º e 4º EP

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

O pasado venres conmemoramos o día da muller dando visibildiade ás mulleres olímpicas.

 

ESTATUTO DE AUTONOMÍA

As nenas e nenos do cole aprenderon máis cousas sobre a nosa terra e o que significa o Estatuto de Autonomía. 

SAÍDA Ó TEATRO PRINCIPAL.

Os nenos e nenas de 1º a 4º de primaria disfrutaron dunha saída ao teatro principal. 

Álbum: Curso 23-24 -> Teatro "Non nos moverán!"

XORNADA DE CONVIVENCIA DEPORTIVA

Hoxe, dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva do Plan Proxecta do centro, o alumando de 6º de Educación Primaria achegouse ao Ceip Amor Ruibal de Barro para facer unha xornada de convivencia deportiva co alumnado do mesmo nivel.

Practicaron deportes alternativos como o KickBall, o FloorBall e a Pelota Canadiense, así como o Voleibol no Pavillón Municipal. 

Tamén compartiron unha merenda saúdable a base de froita (plátano e mazá) durante o descanso. Foron moi ben acollidos e esfozáronse moito. Pasárono xenial!

Álbum: Curso 23-24 -> Convivencia en Barro
Distribuir contido


by Dr. Radut