Skip to Content

EDLG

ROTEIRO INFANTIL POR PONTEVEDRA.

A rapazada do cole de Xeve fixemos un roteiro polo casco antigo de Pontevedra e coñecemos un pouco máis de onde veñen os nomes das prazas e como vivían antes na nosa vila. Antes de volver ó cole merendamos e xogamos un pouquiño no parque.

Álbum: Curso 23-24 -> Roteiro por Pontevedra.

FELICES FESTAS

Queridas familias:

Xa rematado o primeiro trimestre, queremos desexarvos un BO NADAL e un PRÓSPERO 2024! E, que mellor forma, que facelo coa postal gañadora no reto mensual de Larapeto. Noraboa Roque! 

FELICES FESTAS! Vémonos á volta!

ESTATUTO DE AUTONOMÍA

As nenas e nenos do cole aprenderon máis cousas sobre a nosa terra e o que significa o Estatuto de Autonomía. 

POESÍAS SOBRE A AUGA

Durante o segundo trimestre estivemos traballando a poesía relacionada coa temática do noso PDI: a auga.

Estas son as orixinais creacións que fixemos. Fai click na imaxe para lelas. 

SEMANA DO LIBRO 2023

Este ano celebramos de novo a Semana do Libro tal e como se merece. 

Fixemos unha chea de actividades partindo do equipo de biblioteca, para animar á lectura e dar á literatura infantil e xuvenil a importancia que se merece. 

Foi unha semana fantástica coa implicación de todo o alumnado e profesorado, onde non faltaron contacontos (a cargo de Tarabelos e Polo Correo do Vento), o tradicional mercadillo de libros usados, xogos de pregunta, a visita da autora Anair Rodríguez, deseño de colgadores, creación dun novo final para os contos tradicionais, e como non, a marabillosa actividade do "Apadrinamento Lector".

Podedes ver unha mostra de todo o que fixemos no seguinte vídeo:

 

 

PROCURANDO COGUMELOS.

Como todos os anos no último curso de primaria, realizamos a actividade para aprender a identificar cogumelos explorando o monte comunal de Santa María de Xeve acompañados por Miguel Lameiro, da asociación Brincabois. 

Primeiro Miguel realizou unha charla sobre o mundo dos cogomelos para coñecer un pouco máis que son, como se reproducen, cal é a súa función, como debemos recollelos e sobre todo cales son as máis abundantes na nosa contorna e distinguir cales son tóxicas e cales non.
Xa coas ideas claras, saímos aos montes da nosa contorna na procura destes fungos. A pesar do día (xa é unha tradición que chova nesta saída) tivemos unha gran colleita de cogomelos de todo tipo. Enchemos as cestas que levamos con nós!

Grazas á asociación Brincabois, logo puidemos realizar unha fantástica exposición no cole.

 

CONTO TERRORÍFICO

Os nenos e nenas de todo cole fixemos unha historia terrorífica para festexar o día de Samaín. Cada un dos cursos elaborou unha parte da historia. Aquí vos deixamos o resultado final.

LETRAS GALEGAS 2022

A continuación amosámosvos algúns dos traballos que fixemos durante a semana das Letras Galegas:

 

 

Contacontos con Anxo Moure.

Anxo Moure visitou onte o noso colexio para falarnos da importancia de coidar os nosos bosques. Aprendimos moito sobre a nosa contorna e pasámolo moi ben.

Conmemoración 8 de marzo.

O pasado 8 de marzo conmemoramos o Día da Muller coñecendo e traballando sobre mulleres que deixaron a súa pegada na nosa historia. 

Distribuir contido


by Dr. Radut