Skip to Content

EDLG

Conmemoración 8 de marzo.

O pasado 8 de marzo conmemoramos o Día da Muller coñecendo e traballando sobre mulleres que deixaron a súa pegada na nosa historia. 

Día de Rosalía de Castro

As nenas e nenos de 6º de Educación Primaria fixeron un pequeno recital de poesía con algún dos poemas máis importantes de Rosalía de Castro para recordala na data do seu nacemento. 

 

Álbum: Curso 21-22 -> Día de Rosalía de Castro

23 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

Este ano conmemoramos o día de Rosalía de Castro facendo un fermoso mural en común. Tamén recitamos alguns dos seus poemas. 

 "O Moucho". Nenos e nenas de Ed. Infantil:

Estatuto de Autonomía

Este ano conmemoramos o Estatuto de Autonomía no centro. E cos nosos traballos fixemos este bonito vídeo. 

 

ROTEIRO INFANTIL: VISITA A PONTEVEDRA

Nas pasadas semanas tivemos a sorte de participar nos roteiros infantís por Pontevedra organizados polo Concello. 

Aprendimos moito sobre a cidade e a xente que viviu nela fai moitos anos. 

Aproveitamos tamén para visitar a exposición de Origami no Museo de Pontevedra.

 

Camiñadas con Castelao

Castelao é sen dúbida unha das grandes figuras históricas galegas. A través das súas pegadas na cidade, os alumn@s de 5º e 6º de E.P. foron descubrindo as historias e mitos da Boa Vila. Ademáis puideron gozar da visita á "Sala Castelao" do Museo de Pontevedra onde están expostas moitas das obras deste artista ademáis de obxectos persoais.

Preme na imaxe se queres ler o percorrido desta camiñada.

Álbum: Curso 21-22 -> Camiñadas con Castelao

O CHINEIRO DA TÍA MARÍA

Este luns, os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria, desfrutamos dunha sesión de contacontos ofertada polo Concello de Normalización Lingüística.

"O chineiro da tía María" é unha contada que emprega a técnica tradicional italiana do "cantastorie", no que se mistura a narración de historias, as pinturas en grandes lenzos e a música cooperativa. Pasámolo en grande!!

Magosto 2021

O pasado venres 5 de novembro tivemos a sorte de celebrar o Magosto na nosa escola. 

Degustamos ricas castañas moi quentiñas e nos divertimos con xogos tradicionais. Foi un día estupendo!

Pincha no vídeo e verás que ben o pasamos. 

 

Día mundial da alimentación saudable

Este ano, para conmemorar o Día Mundial da Alimentación Saudable, as familias e os alumn@s crearon receitas saudables con produtos de tempada. 

Pinchade na imaxe se queredes gozar destas marabillosas receitas.

Samaín

Chegou Samaín cargado de moita diversión, con meigas, vampiros, demos e moitos outras personaxes terroríficos.

Como cada ano repartíronse os diplomas as cabazas máis destacadas en cada categoría pero o certo é que todas eran fantásticas.

Podedes ver as imaxes clicando enriba do álbum.

Pasámolo de medo!

Álbum: Curso 21-22 -> Samaín
Distribuir contido


by Dr. Radut