Skip to Content

EDLG

PRIMEIRO TRIMESTRE 3 ANOS

Os nenos/as de tres anos amósannos os seus traballos e vivencias ao longo do primeiro trimestre. Para velo pinchade na seguinte ligazón:

https://ugc.kizoa.app/klon1/f348930611_9979443.mp4

CARVALHO CALERO

Os alumnos e alumnas de 4º de educación primaria tras coñecer e traballar a figura de Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado polo Día das Letras Galegas deste ano, recitan con moito cariño o poema "Ferrol 1916".

 

LARAPETADAS 2018/2019

Despois de tantos anos, a revista escolar volve pisando forte con un novo nome elexido polo alumnado do centro. Aquí tedes o primeiro número de moitos dos que virán. Desfrutade do LARAPETADAS!!!!

 

 Larapetadas


En setembro, estará esperando no cole un exemplar impreso para cada un de vós!!

Recetario mariñeiro

Ao longo do curso escolar 2018/2019, o alumnado concienciouse da importancia dunha alimentación saudable e equilibrada. Tras isto, os nenos e nenas foron elaborando algunhas receitas con productos do mar con degustación nas aulas incluida. Que rico estaba todo!!!! A continuación, podedes botar un vistaciño e practicar estas receitas tan saudables nas vosas cociñas!


OLLO, COIDADO QUE NON SE VOS QUEIME!!

 

 

Dalle a Lingua

No terceiro trimestre, o alumnado dos diferentes cursos participamos no programa Dálle a Lingua de ONDA CERO traballando así a expresión oral na lingua galega. Este luns 24 de xuño emitiuse o 1º programa patrocinado polo departamento de Normalización Lingüistica do Concello de Pontevedra e A Devesa. Neste programa, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º da EP comentaron aspectos  sobre diferentes proxectos que traballamos no centro, como  o "Mar", o  "Comercio"e "EduEmprende".

Poñede a orella e escoitade que ben se desenvolven estes locutores!!! Estaremos esperando o segundo programa de radio!

  

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Neste mes de maio conmemoramos o día das Letras Galegas sendo este ano homenaxeado o pontevedrés Antón Fraguas.

Nas aulas traballamos sobre a súa biografía, os seus libros e publicacións e quixemos investigar un pouquiño sobre o folclore galego como o autor.

E tamén nas clases de plástica fixemos algún que outro retrato de Antón Fraguas Fraguas.

Esperamos que vos guste!!!

XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA

O martes 21 de maio, no cole innaguramos a semana con xogos tradicionais nunha xornada de portas abertas pola tarde, onde as familias, puideron desfrutar destes xogos cos seus nenos e tamén cos mestres.

Foi unha experiencia moi positiva tanto o día que xogamos en familia como o resto da semana que tivemos xogos durante o recreo e nas clases de E.F.

Grazas ao  Concello do Grove por emprestarnos estes xogos dos que tanto aprendemos.

 



Correlingua 2019

O 16 de maio, víspera da conmemoración das Letras Galegas, os nenos e nenas de 3º participamos xunto a outros centros da comarca no Correlingua celebrado na cidade de Pontevedra.

 

ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o autor conmemorado das Letras Galegas é o pontevedrés Antón Fraguas.

Para coñecer un pouco máis a súa vida e obra  podedes facer unha serie de actividades online e fichas ás que accederedes premendo na imaxe do autor homenaxeado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut