Skip to Content

Espazo familias

Obradoiros Familiares

Durante o mes de xaneirocomezaronosObradoiros de prevención de condutas adictivasque o Concello de Pontevedra realiza nos institutos da nosa cidade. Neste mes comezaran os Obradoiros de educación en valoresnos centros de primaria. Estes obradoiros intégranse nas accións no ámbito escolar que desenvolve o Plan Municipal de Prevención de Condutas Adictivas deste concello en colaboración coa Consellería de Sanidadee se desenvolverán ata o mes de xuño.

Complementariamente a este traballo preventivo, e para traballar con toda a comunidade educativa dende unha perspectiva integradora, tamén se programan Obradoiros Familiares.

Os Obradoiros Familiares están pensados como un espazo puntual de reunión para familiares no que se aborda un tema de interese de forma monográfica e intensiva.

Debido á situación actual creada pola pandemia, tívose que modificar a metodoloxía destes obradoiros. Xa non serán realizados de forma presencial, senón on line. Terán unha duración aproximada dunhahora e serán en formato participativo no que, nos primeiros 20 minutos farase unha pequena introdución ao tema por parte de profesionais do Concello de Pontevedra e da empresa que está a realizar os obradoiros nos centros educativos, para posteriormente abrir unha queda de debate.

O primeiro dos obradoiros versará sobre TIC e pandemia. Como educar dende a familia, e tense previsto realizar a finais do mes de febreiro.

O horario de realización será o máis axeitado ás necesidades dos/as participantes e para participar será necesario inscrición previa. Para iso é preciso remitir un correo a planadiccions@pontevedra.eu, indicando nome e apelidos, correo electrónico, idades dos fillos/as, e o día da semana e a hora que mellor se adapta ás súas necesidade (se é posible dar varias opcións) e faranse grupos en función do horario e das idades dos fillos e fillas.

 

 
--
Patricia González Martínez
Casazul-Concellaría de Benestar Social Municipal
Concello de Pontevedra
986804300 ext 7452
pgonzalez@pontevedra.eu
Distribuir contido


by Dr. Radut