Informámosvos que a partir do 1 de agosto podedes facervos socios da ANPA Xeve para o curso 2023-2024.
A cota é de 20 euros ANUAIS POR FAMILIA e o prazo ordinario de pagamento remata o 30 de outubro do presente ano. Despois desa data poderedes facervos igual socios, pero a cota incrementaríase nun euro máis por cada mes que pase do mes de outubro (é dicir, se te fas socio en novembro a cota sería de 21 euros, se te fas en febreiro sería 24 euros e así sucesivamente).
NOTA: Os nenos de infantil matriculados por primeira vez no cole de Xeve que adquirirán e pagaran o mandilón a través da ANPA Xeve e se fagan socios este curso escolar, teñen dereito a un mandilón básico de balde cuxo importe eran 8 euros. Esta cantidade descontaráselles da cota de socio, polo que eles pagarán 12 euros.
O número de conta onde facer o ingreso é o seguinte:
A BANCA
ES27 2080 0500 5930 4046 6764
Concepto: Cota 23-24 + NOME E APELIDOS DO NENO.
Beneficiario: ANPA XEVE.
Achégovos o enlace á páxina da escola para que descarguedes os seguintes impresos:
- ALTA DE SOCIO PARA O CURSO 2023-2024.
- AUTORIZACIÓN DE USO DE NOMES E IMAXES DOS VOSOS NENOS/AS POLA ANPA XEVE PARA O CURSO 2023-2024.
- SONDEO ALTA/RENOVACIÓN SEGURO COLECTIVO ACCIDENTES PARA O CURSO 2023-2024.
O proceso de formalización para facerse socio remata coa entrega por email da ficha de alta cuberta e ASINADA DIXITALMENTE xunto coa autorización de uso de nomes e imaxes.
As fichas asinadas físicamente deberán entregarse polo neno/a na secretaría do colexio cando se inicie o curso escolar.
IMPRESO ALTA SOCIO
AUTORIZACIÓN IMAXE
SEGURO ACCIDENTES