Skip to Content

blogue deXeve2

BÚSCASE ECO-MASCOTA!!!

Este venres Larapeto mandoulle unha carta ó alumnado buscando un novo compañeir@ de aventuras. Para axudarlle, os nen@s deberán realizar unha ECO-MASCOTA. Aquí tedes a carta  e as bases para participar neste  I Concurso.

Adaptámonos ao colexio!

Semana polo Clima

O venres 29 de setembro, o alumnado de 5º e 6º da Educación Primaria sumouse á  Folga Mundial polo Clima convocada a nivel internacional ante a situación de emerxencia climática. A pesar da chuvia, o alumnado saíu á rúa reinvindicando que coidar o planeta é cousa de todos.

Para ver máís fotografías da manifestación pulse aquí

Pero isto non foi todo! Dende o colexio, os ne@s de EI e EP participaron nunha xornada de educación ambiental. Para iso, acudiron  con camisetas verdes, realizaron un minuto sen luz e visionaron varias curtametraxes  sobre a reciclaxe, o uso dos plásticos, o impacto nos animais, a contaminación...

 

Festival 1º E 2º de Educación Primaria

Mirade que ben o fixeron o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria!

 

Festival Educación Infantil

Para rematar o curso escolar 2018/19, o alumnado de Educación Infantil preparou as seguintes actuacións para o festival. Agardamos que vos gusten!!!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 

XeveClub

Para conmemorar maio como o mes da lingua, o alumnado do cole preparou algunhas reseñas de contos e novelas. Mirade que exposicións máis creativas elaboraron!

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

4ºEP
 
 
 

2º Encontro da escola de Familias

No terceiro trimestre tivo lugar o 2º Encontro da Escola de Familias do CEIP Santo André de Xeve sobre o uso dos móbiles e internet (normas, límites e perigos). Este coloquio foi impartido por Antonio Rial grazas a colaboración do CFR de Pontevedra. Esperamos continuar con esta andaina no vindeiro curso.

 

      

 

 

LARAPETADAS 2018/2019

Despois de tantos anos, a revista escolar volve pisando forte con un novo nome elexido polo alumnado do centro. Aquí tedes o primeiro número de moitos dos que virán. Desfrutade do LARAPETADAS!!!!

 

 Larapetadas


En setembro, estará esperando no cole un exemplar impreso para cada un de vós!!

Aliméntate ben polo teu ben!

Ao longo do curso, o alumnado participou nun montón de actividades relaciondas coa alimentación e o mar vinculadas ao Plan Proxecta "Aliméntate ben" no cal estuvo inmerso o centro educativo.Aquí vos presentamos  un resumo en imaxes de todo o que traballamos, que foi moito!!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut